13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





3 abr 2011

Autonomías do PP estudan recortes en sanidade e impoñer o copago

Aguirre ten un infome que aposta por non financiar varias operacións, comidas ou aparatos ortopédicos

Xornal de Galicia


“É preciso formular que os cidadáns tamén teñan que asumir parte dos custes”. Con estas palabras, o presidente de Murcia, Ramón Luis Valcárcel, abría a caixa de Pandora do copago sanitario. A pesar de retractarse posteriormente destas declaracións e das rotundas negativas do líder dos populares, Mariano Rajoy, e dos presidentes autonómicos, o certo é que varias autonomías avalan ou analizan internamente esta modalidade de financiamento.
Un dos casos máis destacados é o da comunidade de Madrid. O goberno de Esperanza Aguirre manexa un documento interno do Servicio Madrileño de Salud , ao que accedeu Xornal, no que se estuda cales de entre todas as prestacións que oferta a sanidade pública “poderían ser potencialmente limitadas ou excluídas no futuro”.
O documento, que deixa claro que habería que “valorar detidamente o impacto” social da medida, sinala que “quizais debera considerarse, en vez da exclusión, o establecemento de criterios máis rigorosos para o acceso ás mesmas”. Así, deixa a porta aberta á “participación do paciente no pago do tratamento”.
Neste sentido, a primeira proposta pasa por unha “revisión exhaustiva do calendario vacinal”, poñendo especial atención no caso do Virus do Papiloma Humano. Segundo formula a comunidade, “a súa exclusión non implicaría impacto económico negativo” sobre a poboación, polo que aposta pola súa “exclusión” ou a “aplicación dun copago”.
Respecto ao subministro do “material necesario” para que os diabéticos controlen a súa enfermidade, o informe alega baixo o epígrafe de xustificacións, que existe unha “evidencia de sobreutilización e mal uso se son gratuítas”. Neste sentido, o estudo da comunidade madrileña aposta por introducir a “prescrición con receita” para as bolsas colectoras de ouriños, posto que o impacto económico da medida non recaería sobre os que máis o necesitan, é dicir, os pensionistas, que reciben as receitas gratuitamente.
A comida para os doentes que se atopan hospitalizados non queda fóra do texto, que propón “valorar o copago” para os procesos de corta estancia. Cun custe económico de dez euros ao día, a comunidade pretende aforrar un total de corenta millóns de euros cada ano con esta proposta. Non obstante, chama a atención sobre o “impacto social negativo” da medida, que repercutiría –segundo explica o propio informe– sobre “a equidade e sobre a garantía de acceso á asistencia especializada”, ademais de penalizar “sobre todo á poboación de nivel económico medio-baixo”, posto que as persoas deste estrato “presenta peores niveis de saúde que o resto”.
A maiores, e por tan só dous euros diarios por paciente, o análise avoga por excluír da prestación sanitaria o que desde a comunidade denominan “servizos hoteleiros”, véxase os produtos de aseo e “lencería”. Os autores do texto, que prevén menos dun millón de aforro con esta medida, ven coma único efecto negativo a perda da “satisfacción do usuario”. Pola contra, co fin de facer chegar a proposta aos cidadáns sinalan que “se podería argumentar que o aforro conseguido a través desta medida pode reverter en mellores recursos, instalacións...”, aventuran os responsables do informe.
As operacións tampouco se salvan das tesoiras. A realización de vasectomías, ligaduras de trompas ou procesos de cambio de sexo tamén quedan nominadas para a exclusión do sistema público ou para a introdución do copago.Os argumentos pasan porque a repercusión económica non será elevada posto que se trata de técnicas que ás que un se somete “unha vez na vida”, ademais de ter carácter “voluntario”. A maiores, para o caso do cambio de sexo, os autores explican que o impacto social de excluílas é baixo porque a súa “potencial poboación diana é reducida” ao tempo que defenden coma “dubidoso” que esta operación se considera unha prestación sanitaria básica. Unha afirmación que se contrapón ao preámbulo do texto, no que se asegura que todas as prestacións “poden considerarse básicas e necesarias” ao estar “consolidadas”.
O informe tampouco deixa a un lado a reprodución asistida, da que tamén se argumenta que non é un servizo básico, ou que o seu custe, unha media de entre 2.100 e 2.400 euros por muller, non é “moi caro e o seu custe-beneficio non está consensuado”. A estes, súmanse outros razoamentos coma que “se levan a cabo unha ou dúas veces na vida” ou que “o acceso xa está limitado polas longas listas de espera”.
Bastóns e muletas entran tamén nesta lista, posto que o seu prezo “é moi económico” e duran entre tres e cinco anos. O material para as curas tamén entra na lista, ao igual que as operacións para persoas con obesidade mórbida, posto que segundo sospeitan estes autores “o seu uso se está a estender a outras indicacións non autorizadas”.
O de Madrid convertese así nun dos casos máis drásticos respecto a aplicación de recortes ou da implantación do catálogo, pero non na única. Tal e como publicou Xornal de Galicia esta semana, un documento redactado como instrución da Consellería de Facenda para o resto de departamentos do goberno galego, detalla as “alternativas para o seu financiamento”, entre os que se inclúe entre as opción o “copago”, deixando a porta aberta a súa aplicación polo Sergas.
A estes dous casos, habería que sumar as declaracións que chegan desde Valencia e Murcia. Se ben o presidente Valcárcel matizou as súas palabras ante a oposición pública do seu partido, reiterou que fan falta “fórmulas de participación dos cidadáns con medidas valentes coma o céntimo sanitario”, un sistema polo que os cidadáns de todo o Estado xa pagan un céntimo extra para sufragar a sanidade por cada litro de combustible.
A Comunidade Valencia, que mantén un forte débeda coas empresas provedoras de material sanitario –o colectivo dí que a cifra pode chegar aos “miles de millóns” e que a espera media para cobrar nesta autonomía alcanza os 600 días– tamén rexeita publicamente a fórmula do copago, se ben, o conselleiro de sanidade recoñeceu que esta situación “obriga a axustar os gastos” e “esixir a todos responsabilidade”.
Lonxe das declaracións, a única comunidade que polo momento se decidiu por poñer en marcha os recortes é Cataluña. CIU obriga a rebaixar un 10% os orzamentos dos centros sanitarios, polo que os hospitais estanse a ver obrigados a pechar a metade das camas, quirófanos e a reducir persoal nuns casos, ou a eliminar determinadas operacións, noutros. As tesoiras xa están listas para recortar servizos, e os seus efectos, están por ver.


O imposto de pagar por enfermar

  
    

Pediatras de primaria atienden hasta en cinco centros por falta de médicos

Los profesionales señalan que hay déficit de especialistas, aunque el principal problema es el reparto irregular


La Voz de Galicia


Según los datos de la Consellería de Sanidade, la media de niños que atienden los pediatras gallegos es de 900, por debajo del promedio español, aunque por encima de la tasa recomendada, de unos 800 menores por cartilla. Sin embargo, el principal problema de este colectivo no es tanto su déficit como el reparto irregular, con especialistas que atienden a un número muy bajo de pacientes en concellos del interior, y profesionales saturados en zonas costeras o núcleos urbanos.
La baja demografía y la escasez de pediatras obliga a algunos especialistas a rotar por varios centros para atender a los menores. La Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGAPap) realizó una encuesta entre los pediatras itinerantes de la comunidad (53 de los 339 que cubren la asistencia pediátrica en atención primaria), en la que se refleja que la mayoría, casi un 60%, consultan solo en dos puntos de atención, pero existe un porcentaje (22,2%), que lo hacen en tres sitios; o incluso pediatras que deben atender a menores en cuatro o cinco centros. La distancia media que recorren estos profesionales es de 18,6 kilómetros, llegando incluso a los 55.
Teresa Valls, presidenta de la entidad, asegura que en Galicia hay déficit de pediatras, «pero el problema no es tanto ese, como el hecho de que están mal repartidos, con zonas rurales en las que los profesionales se pasan la mañana viajando para atender a pocos niños en varios sitios, y con zonas coteras de más población en las que hay profesionales con más de 1.500 menores en su cartilla». Valls señala que al hecho de que se emplea demasiado tiempo de la jornada laboral en el desplazamiento, se suma el que los centros pequeños no están lo suficientemente dotados, por lo que habría que hacer ver a los padres que sería más eficiente que varios especialistas de pediatría se concentraran en un centro con mejores infraestructuras al que pudiesen desplazarse los menores, ya que de esta forma se garantiza incluso que si el profesional está de baja o vacaciones, haya siempre un pediatra sustituto.

Sustitutos de familia
El Sergas señala que el 40% de los pediatras de primaria tienen menos de 800 niños en su cartilla, y ante la ausencia de un profesional por vacaciones o enfermedad se sustituye si es posible por otro pediatra, optando si no por la prolongación de jornada. Solo en último caso un profesional de medicina de familia asume las consultas diarias de los menores.



La plataforma sanitaria llama a manifestarse en Ourense

La Voz de Galicia

La Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte anima a los vecinos de esta zona a manifestarse el jueves en Ourense. La plataforma prosanidad pública de esa ciudad tiene convocado para este día a las ocho de la tarde una manifestación en protesta por las deficiencias de la asistencia en esa área sanitaria.