13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





14 nov 2010

A Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública ante o anuncio do ERE en POVISA

A Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública, ante o anuncio da dirección do hospital privado Povisa de levar adiante un Expediente de Redución de Emprego (ERE) despedindo a un importante número de traballadores, quere comunicar á opinión pública de Vigo, o Morrazo e ao conxunto dos traballadores sanitarios:

Preme aquí para saber máis...

15 de novembro en Ourense, acto informativo da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ourense

Como acto previo á manifestación do vindeiro 21 de novembro en Compostela, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ourense convida a traballadores e usuarios do sistema público de saúde, a un acto informativo sobre a situación da Sanidade Pública en Galiza, e máis concretamente en Ourense, nomeadamente no que se refire aos recortes orzamentarios, e ao plan de privatización de Hospitais e Centros de Saúde, dándolle entrada ao capital privado para a súa construción e posterior xestión.

A Sanidade Pública: Presente e futuro

Luns día 15 de novembro ás 19:30 horas no Salón de Actos da Casa Sindical

Convoca e organiza: Plataforma en Defensa da Sanidade Publica de Ourense

Autobuses para a manifestación desde Ferrol e comarca

Haberá servizo de autobuses de balde desde distintos puntos da comarca para acudir á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o vindeiro día 21 de novembro en Santiago, con saída ás 12 horas da Alameda contra a privatización e na defensa e mellora da Sanidade Pública.
ANOTARSE ANTES DO 18 DE NOVEMBRO NOS TELÉFONOS:

A CAPELA 670264501
ARES 650853471
AS PONTES 981453116
CARIÑO 666328044
CEDEIRA 646454697
FENE 981492707
FERROL 981944013
MUGARDOS 606168573
NARÓN 881106800
SAN SADURNIÑO 670853535

Autobús desde Cangas para a manifestación do 21 de novembro

Valdeorras: Autobús para a Manifestación do día 21

Aquelas persoas que desexen participar na manifestación do domingo día 21 convocada por SOS Sanidade Pública e queiran acudir no autobús que se vai habilitar ao efecto desde Valdeorras, poden anotarse chamando ao teléfono 677 048 399  end_of_the_skype_highlighting. O autobús sairá ás 8:00 hs do día 21 desde O Barco e terá paradas en Vilamartin e A Rúa, e nalgún sitio máis se é necesario.

A Xunta non confirma se o problema da auga atrasará a apertura do Hula

A data de apertura do novo hospital de Lugo (Hula), que estaba prevista para o próximo día 22, está a día de hoxe no aire. A Xunta condiciona o inicio do traslado a que o Concello cumpra cos cambios pedidos recentemente na subministración de auga, unha modificación que a administración local en principio está disposta a asumir a pesar de que, recalca, «o hospital ten auga e pode funcionar a pleno rendemento. Se calquera atraso hai na apertura non é pola auga, que quede claro», afirmou o concelleiro de infraestruturas, José Piñeiro.

O Colexio Médico insiste na necesidade de reorganizar os PAC

O presidente do Colexio Médico de Lugo pensa que se fará unha área única e a defende como un instrumento válido.

Respecto da creación da área sanitaria única, cunha soa xerencia, o presidente do Colexio Oficial de Médicos de Lugo insistiu en que «non teñen por que significar perda de calidade asistencial nin de funcións dos médicos que traballan alí». Na súa opinión esta medida pode ser un instrumento válido para coordinar «pero non ten por que ser perverso».

Segundo Vidal Pardo, o que sucedeu, «tanto en Monforte como en Burela é que nun determinado momento empeoraron as listas de espera por traslados e mobilidade do persoal e tamén pola supresión das xornadas de tarde». Explicou que iso supuxo que esta deterioración deterioro provocou «a lóxica insatisfacción e fíxose ver que ía asociado á xerencia única e as razóns eran outras»

O presidente do Colexio Médico recoñeceu que pensaba que a decisión de crear a área sanitaria única non era algo próximo. Insistiu en que unha das preocupacións que afecta aos profesionais é se podería levar o traslado forzoso. «Débense respectar -dixo- os dereitos dos profesionais e se nalgún momento hai que reorganizar primaria e secundaria, negociar os posibles cambios e os traslados que puidese levar a integración».

Video da charla informativa do 11 de novembro realizado por jrcasan

Na web www.jrcasan.com podes ver un video resumo da charla e máis cousas interesantes da comarca de Lemos. Grazas a jrcasan polo seu interese pola sanidade pública de Monforte e os seus (os nosos) problemas.