13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





14 nov 2010

O Colexio Médico insiste na necesidade de reorganizar os PAC

O presidente do Colexio Médico de Lugo pensa que se fará unha área única e a defende como un instrumento válido.

Respecto da creación da área sanitaria única, cunha soa xerencia, o presidente do Colexio Oficial de Médicos de Lugo insistiu en que «non teñen por que significar perda de calidade asistencial nin de funcións dos médicos que traballan alí». Na súa opinión esta medida pode ser un instrumento válido para coordinar «pero non ten por que ser perverso».

Segundo Vidal Pardo, o que sucedeu, «tanto en Monforte como en Burela é que nun determinado momento empeoraron as listas de espera por traslados e mobilidade do persoal e tamén pola supresión das xornadas de tarde». Explicou que iso supuxo que esta deterioración deterioro provocou «a lóxica insatisfacción e fíxose ver que ía asociado á xerencia única e as razóns eran outras»

O presidente do Colexio Médico recoñeceu que pensaba que a decisión de crear a área sanitaria única non era algo próximo. Insistiu en que unha das preocupacións que afecta aos profesionais é se podería levar o traslado forzoso. «Débense respectar -dixo- os dereitos dos profesionais e se nalgún momento hai que reorganizar primaria e secundaria, negociar os posibles cambios e os traslados que puidese levar a integración».

No hay comentarios:

Publicar un comentario