13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





2 dic 2011

O PPdeG rexeita elevar a imposición sobre as rendas altas e "garantir" o financiamento da sanidade sen copagamento

EUROPAPRESS

O proxecto de presupostos para 2012 seguiu a súa tramitación na Cámara galega este venres co debate en comisión das emendas que os grupos da oposición presentaron ao articulado do texto, e entre as que se atopaban crear un novo tramo do IRPF ou subir a imposición para as rendas máis altas, así como garantir que o financiamento da sanidade se realizará sen copagamento, propostas que foron rexeitadas.
   As emendas ao articulado, 54 presentadas polo PSdeG e 13 polo BNG (unha non foi admitida), son as que buscan cambiar a filosofía dos presupostos, que responden a unha "planificación rigorosa" e ao obxectivo de "estabilidade presupostaria", como destacou o Goberno galego dende a súa presentación e este venres recordou o deputado popular Alberto Sueiro.
   "Non debemos ser emendados polos que saíron tan mal parados na defensa do público", advertiu á oposición ante as palabras da socialista María José Caride, que viu "retratados" os populares nestas contas.
   Non obstante, socialistas e nacionalistas, que se apoiaron mutuamente a grande maioría deste conxunto de emendas --que non moven contías específicas propiamente, senón que introducen cambios de contido--, reclamaron "sinais" dirixidos á poboación, en palabras do deputado nacionalista Carlos Aymerich, como un novo tramo do IRPF, para facer ver que "todos tiran do carro, e non que os de sempre tiran del e outros van subidos".
   "Son fríos e duros con quen menos ten", denunciou a socialista María José Caride, quen criticou que o Goberno galego sexa "valente para privatizar ou para o copagamento, pero covarde para a defensa do público e para pedir a quen máis ten que faga un esforzo".

CONTIDO EMENDAS

   As emendas referidas a estas argumentacións son as número seis do PSdeG e do BNG, que neste caso, ademais do rexeitamento do PPdeG, contou coa abstención dos socialistas.
   Os nacionalistas propuxeron crear, no tramo autonómico, unha escala para os que cobran máis de 100.000 euros anuais, cunha porcentaxe aplicable do 25,5 por cento. "Non nos parece nada extraordinario", manifestou Aymerich, quen recorda que os países do ámbito teñen gravames por enriba aos de España.
   Polo seu lado, os socialistas, que si recibiron o apoio do BNG, pedían que, dentro da declaración individual, se aumentase un punto para o tramo entre 60.001 e 120.000 euros; e outro punto para unha declaración conxunta entre 90.001 e 150.000 euros e dous a partir de 150.001 euros.

COPAGAMENTO E AXUDAS A FILLOS

   Á marxe destas propostas, a deputada do PSdeG volveu propoñer "blindar" os servizos públicos. "Os presupostos da Xunta garantirán a prestación universal e gratuíta da asistencia sanitaria a todos os empadroados", reza unha das emendas rexeitadas (número 51).
   Outra (a número 52) reclama poñer por escrito que "o Goberno garantirá os custos de prestación dos servizos públicos (...) e que a sanidade pública e universal se financiará sen copagamento, nin directo nin indirecto".
   Pola súa banda, o deputado nacionalista fixo fincapé na necesidade de que as persoas que teñan a cargo fillos de menos de tres anos poidan acceder á prestación de 360 euros sen distinción cando os rendementos non superen os 23.000 euros.
   Na actual redacción da disposición adicional quinta, exclúense desta prestación ás persoas que, de forma voluntaria, e aínda sen chegar ao mínimo obrigatorio para presentar a renda, presentaran a declaración a Facenda.
   Isto, tal e como explicou Aymerich, impide acceder a esta axuda a unidades familiares con 10.000 euros de ingresos que fixesen a declaración ou persoas que, sen alcanzar o mínimo obrigatorio, tivesen dous pagadores (o que obriga a presentar a declaración).
   Os nacionalistas tamén demandaban modificar a taxa de reposición nos empregados públicos, de forma que non se computen as baixas en prazas ou se exclúan do límite marcado polo Estado os ámbitos de educación ou sanidade.
   A este respecto, o popular Alberto Sueiro replicou advertindo de que é un "acordo" da comisión bilateral que "o impide". "Non é aceptable dende o punto e hora que é unha disposición da comisión bilateral, aínda querendo, hai un acordo", remachou.

ANÉCDOTA NAS VOTACIÓNS

   A anécdota da comisión chegou á hora das votacións, que no caso da Comisión de Economía adoitan ser habitualmente complicadas pola disección de emendas para que os grupos poidan tomar posición específica.
   Neste caso, e por acordo dos tres grupos --como así o require o regulamento para estes casos--, foi necesario repetir a votación das únicas dúas emendas que o relatorio propoñía aceptar e o carácter das cales é técnico.
   Por erro ao non entender que se estaban a someter a votación esas dúas emendas, os deputados do PPdeG non levantaron a man, co que nun primeiro momento non prosperou a recomendación realizada polo propio Grupo Popular en relatorio.
   Aínda que podía ser corrixida esta votación no pleno, o acordo dos tres grupos permitiu que se incorporasen as dúas emendas ao texto do relatorio, que en todo caso, só contou co voto favorable dos populares.

 

1 dic 2011

Código 29

Tras varios días de respostas e desmentidos, a Xunta anunciou o "desbloqueo" de oficio das tarxetas sanitarias dos desempregados de longa duración, ou sexa, das persoas incluídas no tristemente famoso "Código 29" - ata o nome é desafortunado- esa sorte de porta de atrás pola que han de entrar no sistema sanitario público galego os que consumiron a prestación por desemprego. A decisión final do Executivo e o intento do Presidente galego de desviar o debate cara ao pagamento por receita farmacéutica revelan a verdade: o Gobierno Feijoo aprobou un Decreto que, sinxelamente, restrinxe dereitos, limita o acceso de parados á Atención Primaria e, de feito, modifica un modelo sanitario público e universal.

 Galicia Confidencial

O Código 29 é algo máis que un modelo de tramitación - lento ao trapalleiro, por certo- ao que deben someterse as persoas en desemprego que non cobren prestación, é, no fondo, un paso máis no cambio dunha sanidade pública, otrora orgullo de país e hoxe posta en cuestión por tirios e troianos. Coa crise como desculpa, os gobernos conservadores avanzan nun modelo sanitario abertamente mixto, en que o sector privado teña un peso moito máis importante que o actual e en que distintos colectivos sociais, - precisamente aqueles que son máis demandantes dos servizos sanitarios- vexan recortados unha parte dos seus dereitos. É, en definitiva, un modelo desigual, semipúblico, que deriva ás persoas con máis dificultades económicas a algo moi parecido á antiga beneficencia.

As reiteradas explicacións da señora Farjas e do propio Feijoo e as contradicións exhibidas no seu afán de reducir o escándalo non fixeron máis que demostrar unha realidade que a moitos lles parecía inconcibible: o PP disponse a cambiar un sistema sanitario cuxa creación alcanzou un consenso social, político e institucional quizais único. E farao, ademais, "por noso ben", coa austeridade por bandeira e previa anestesia colectiva baixo a ameaza dunha crise que non entendemos nin controlamos.

Dende o punto de vista operativo, remitir urxencias a todas aquelas persoas que teñen bloqueada a tarxeta sanitaria é un absoluto disparate. Dende o punto de vista ético, que os desempregados figuren nunha aplicación sanitaria específica supón unha violación da súa intimidade e unha vergoña colectiva. Dende o punto de vista democrático, se o PP quere cambiar o modelo debe dicilo con claridade; o sistema de cotización e impostos baséase no Pacto Social: un paga o que o corresponde a cambio de contar cun modelo público e universal; se imos ter un modelo desigual, cunha sanidade social e economicamente segmentada quizais moitos elixan (elixamos) non cotizar. Non me pida vostede axuda para deixar unha parte da sociedade a un lado.

 

19 nov 2011

EN RESPOSTA AO SEÑOR SOUSA ESCANDÓN, URÓLOGO E SINDICALISTA DA CEMS (CIG-SAUDE)

 Por suposto que, menos mal que está a C.I.G. señor Sousa. Si hai algún sindicato no hospital que teña credibilidad, ese é a C.I.G.-saúde.

       O do outro día no programa de radio Sexta Feira foi un acto totalmente partidista na véspera das eleccións, por eso me cabreou tanto. Porque a min non me importa no partido que vostede milite, nin ao programa de radio que vostede queira ir. A min o que me preocupa é que utilice o seu horario de traballo para ir a defender as tesis do seu partido ou o que dicta don Benigno.

        E fai moi ben vostede en aclarar que pedíu as horas para sair, oficialmente no FIDES, e non facer como algunha xente que pide horas sindicais para irse de vacacións ou a congresos como vostede moi ben sabe. Eses sí que son os sindicalistas que sobran, eses si que nos fan perder credibilidade aos demais. De tódolos xeitos encantaríame ver a súa petición do fides, do día 18. Nestes tempos que corren no que a dirección do centro lle está denegando horas aos traballadorespara acompañar aos seus fillos e país a calqueira consulta, parécenos incrible que para acudir a un programa de radio se lle dé permiso a tres persoas, sen problemas. Claro como era para decir o marabillosa que vai ser a xestión integrada e o ben que se están facendo as cousas....

        Pois si, señor Sousa, pois si, menos mal que está a C.I.G.-saúde. Polo menos podemos ir coa cabeza ben alta, porque defendemos con orgullo a sanidade pública, porque creemos que coa saúde dos monfortinos non se xoga, e porque creemos firmemente que a xestión integrada vai ser perxudicial para o hospital e para os monfortinos, porque como xa denunciaron catro colegas seus no multiusos (entre eles o número un do sindicato CEMS, ao que vostede pertence), os servizos centrais(raios, anatomía patolóxica, e laboratorio) van desaparecer,as especialidades cun só especialista é probable que vaian para o HULA, e partos e maternidade tamén e fácil que vaian para Lugo. Repito, esto non o dí a C.I.G. (que tamén), díceno os seus colegas de profesión.
      

         En fin señor Sousa, só nos queda decirlle que espero que cumpra a súa palabra e cando as gardas de raios sexan telemáticas, sin presenza do radiólogo no hospital, rompa o seu carné do PP. Ainda que dubido moito que o faga, xa que todos coñecemos no hospital o que vale a súa palabra.         
CIG-SAUDE MONFORTE

18 nov 2011

A plataforma sanitaria protestou ante o mitin de peche do PP

O colectivo desvinculouse duns pasquíns dirixidos contra este partido

La Voz de Galicia





Membros da Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública (Pladesapu) concentráronse onte ante o edificio multiusos de Monforte con motivo do mitin de peche de campaña organizado polo PP, no que participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Os manifestantes, disfrazados con longos narices de cartón, exhibiron carteis coa frase «Queremos ou decreto prometido xa», aludindo á promesa expresada por Feijoo a representantes da plataforma sobre o mantemento da área sanitaria de Monforte noutro acto electoral celebrado na cidade o ano pasado.
Os portavoces de Pladesapu anunciaran pola mañá esta concentración, dicindo que se trataría dun «acto presencial» e que se comportarían «pacífica e sensatamente». De acordo con esta intención, cando Núñez Feijoo chegou ao edificio multiusos limitáronse a axitar os carteis sen proferir consignas nin berros de ningún tipo.
Doutra banda, os representantes da plataforma desvincularon a este colectivo duns pasquíns que circularon esta semana en Monforte co seguinte texto: «PP, único partido que quere quitar a área sanitaria monfortina. ¡Non lles votes!». Maribel García, portavoz do colectivo, afirmou a este respecto que a plataforma se mantivo á marxe do xogo político e mostrou unha actitude de respecto cara a todos os partidos. Por este motivo -engadir ou apoio de todos vos axentes sociais e económicos dá zona».
García, doutra banda, pediu ao presidente da Xunta que cumpra o compromiso expresado no 2010, «cando dixo, sen que ninguén lle obrigase a facelo, que Monforte non ía depender de Lugo non novo decreto sobre a xestión sanitaria integrada».
Así mesmo, García afirmou que a plataforma enviou cartas certificadas aos alcaldes do Partido Popular que non asistiron ao acto informativo convocado recentemente por este colectivo no centro multiusos. «Algúns deles xa nos transmitiron ou seu interese por reunirse connosco, pero non diremos quen son a non ser que eles mesmos ou pidan», agregou.