O Sindicato Médico Profesional CESM asegurou onte, a través dun comunicado, que a Oferta Pública de Emprego (OPE) non supuxo un incremento significativo nos persoais dos distintos servizos do Complexo Hospitalario de Ourense. «Denunciamos, unha vez máis, o 'despedimento' xa levado a cabo e non xustificado pola incorporación de prazas con motivo da oferta da OPE», sinalaron. Os responsables do sindicato afirmaron que a diminución de efectivos afecta a 14 facultativos e sinalan, ademais, a «extrema precariedade» doutros 31 médicos. Advirten de que esta situación pode traducirse en sobrecarga asistencial e demandan contratos estables.
Mobilízate "Saúde para todos" cap.15 (08/03)
NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)
NOVAS DA SAÚDE
Titulares suministrados por Europa Press
NOTICIAS GALIZA
NOVAS DE GALIZA:
Titulares suministrados por Europa Press
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario