Outras corenta consultas externas abriron hoxe as súas portas no Hula, de forma que xa son case setenta as especialidades que iniciaron o servizo asistencial no novo complexo. Ademais, o xerente do centro hospitalario, Francisco Vilanova, confirmou que tamén entraron en funcionamento dúas salas de radioloxía e un ecógrafo, de forma que xa se están realizando "probas complementarias" para diagnosticar aos pacientes.
Está previsto que mañá abra as súas portas o ximnasio de rehabilitación, polo que o edificio dedicado a consultas externas estará xa "nunha porcentaxe moi elevada de funcionamento", sobre un 75%, segundo os cálculos do propio xerente do hospital. De feito, cos servizos que hoxe abriron as súas portas, o complexo 'Lucus Augusti' xa atende a unhas 1.000 persoas ao día, 5.000 na súa segunda semana de vida útil.
Mobilízate "Saúde para todos" cap.15 (08/03)
NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)
NOVAS DA SAÚDE
Titulares suministrados por Europa Press
NOTICIAS GALIZA
NOVAS DE GALIZA:
Titulares suministrados por Europa Press
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario