Os técnicos xa empezaron a estudar como atender canto antes as novas demandas autonómicas.
Piñeiro di que desde 1999 o Sergas pedía 700 metros cúbicos ao día e agora ve necesarios 1.200.
Se as cousas son como parecen, a Xunta deuse conta tarde das necesidades reais do novo Hospital Xeral en canto a abastecemento de auga. O goberno local mostrou onte documentos que indican que a Administración autonómica solicitou moito menos caudal do que agora di que é preciso. En todo caso, o equipo de López Orozco asegura que, polo Concello, non haberá problemas, que atenderá as demandas autonómicas nun prazo de poucos días. De todos os xeitos, a polémica está servida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario