13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





8 dic 2010

O catálogo priorizado terá o voto favorable do BNG no Parlamento

Os populares aceptaron que a listaxe inclúa todos os principios activos, incorpore unha garantía de abastecemento, así como excepcións terapéuticas para tratamentos individualizados aínda que o produto non estea na selección e un perfil máis científico da comisión que fará a escolla.

 

O BNG avanzou que apoiará no Parlamento galego a proposición de lei para a racionalización do gasto farmacéutico que leva consigo a implantación dun catálogo priorizado de medicamentos para Galicia, co que o PSdeG insiste en que non está "de acordo".
En declaracións a Europa Press, a voceira de sanidade do BNG, Ana Luisa Bouza, anunciou o voto a favor dos nacionalistas á proposición dos populares despois de que o Grupo Parlamentario do PP "aceptase todas" as emendas do Bloque "aínda que non exactamente co mesmo texto".
Deste modo, na reunión da ponencia celebrada este martes na Cámara autonómica, segundo concretou Bouza, os populares aceptaron que o catálogo inclúa "todos os principios activos", incorpore unha "garantía de abastecemento"; así como que inclúa "un perfil máis científico" a comisión que seleccionará os fármacos; e recóllense "excepcións terapéuticas" para tratamentos individualizados "aínda que o produto non estea no catálogo" para que o financie o Sergas.
Outro dos aspectos demandados polo BNG e aceptado polo Grupo Popular pasa pola regulación da visita médica, medidas complementarias de racionalización da prescrición e que se reinvirta o aforro priorizar a Atención Primaria fundamentalmente. "Hoxe chegouse a acordo para incorporalas ao texto", matizou Bouza, quen insistiu en que "o importante é o uso racional e non só o gasto racional".

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario