13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





4 dic 2010

Sanidade prevé aforrar 300 millóns coas unidosis

Na orde do día do consello interterritorial de Santiago inclúese o informe que semestralmente presenta o Ministerio de Sanidade sobre as listas de espera, o anteproxecto de lei de saúde pública, a actualización da estratexia de coidados paliativos, ou as medidas farmacéuticas para a prescrición e dispensación de monodose de medicamentos.
Esta última normativa permitirá aos médicos prescribir o número de unidades dun medicamento que precisa un paciente, e o farmacéutico terá que darlle a cantidade exacta. O Goberno central calcula que o aforro anual será de 300 millóns e fontes ministeriais confirman que é un proxecto rodado que se porá en marcha no 2011, aínda que non fixa prazos concretos.
As comunidades cuestionaron os 300 millóns que o Goberno prevé aforrar entregando a través das farmacias unicamente o número de doses necesarias, que autonomías como a galega rebaixan a un máximo de tres millóns sen incluír os custos de xestión, pondo ademais en dúbida a trazabilidad do proceso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario