13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





20 ene 2011

A espera cirúrxica baixa cinco días, pero segue por riba da do bipartito

Os galegos agardan 66 días para visitar ao especialista, cando hai tres meses eran 76 e hai dous anos, 65

Xornal.com


A lista de espera para operarse en Galicia situouse en decembro do pasado ano en 76 días, o que supón unha redución de cinco con respecto ao mesmo mes un ano antes. Porén, a demora para unha cirurxía segue sendo maior que na anterior lexislatura, xa que en decembro de 2008 se situaba en 70 días.
A Consellería de Sanidade presentou onte parte dos datos da lista de espera na comunidade autónoma –xa que ata hoxe non se farán públicos na páxina web do Sergas– e quixo resaltar que a demora para para as operacións denominadas pola administración de prioridade dous se sitúa “por primeira vez” en 60 días, mentres que no caso das intervencións de prioridade 1 “está en 21 días”. Esta distinción non aparece nunca no portal do Sergas, onde simplemente aparecen os datos globais. Así mesmo, ata o cambio de goberno, en Galicia non se facía distinción sobre a prioridade dos doentes porque, por lei, os urxentes deben ser atendidos antes de 30 días.
A redución no tempo que agardan os doentes galegos para operarse é moito máis notoria, porén, se se compara cos últimos datos feitos públicos pola Xunta e correspondentes ao mes de setembro, cando a espera media era de 91 días. A baixada en tres meses sería, por tanto, de quince días, segundo os datos presentados onte en rolda de prensa pola conselleira de Sanidade, Pilar Farjas.
No caso das primeiras consultas co especialista, Galicia pechou 2010, segundo destacou Farjas, cunha demora de 66 días, fronte aos 69 que había un ano antes nas mesmas datas o que suporía unha diminución de tres, e de ata dez se se compara a lista de decembro coa de setembro de 2010. Con respecto a decembro da anterior lexislatura, a demora, tamén neste caso, sería un día maior.
A conselleira de Sanidade tamén quixo matizar unha vez máis que sen ter en conta os datos do hospital vigués de Povisa –co que o Sergas leva meses a negociar un novo convenio–, a demora media para unha operación en Galicia diminúe a 66 días ao final de 2010.
Por especialidades cirúrxicas, Farjas resaltou as reducións na demora media a final de 2010 en Neurocirurxía, con 37 días menos; Cirurxía Xeral, con 20 menos, e Cirurxía Pediátrica, con 17.

ACTIVIDADE HOSPITALARIA
En canto á actividade cirúrxica en xornada ordinaria, Farjas subliñou que 2010 se pechou con 102.630 intervencións, o que supón un aumento do 7% con respecto ao ano anterior, cando se fixeron 95.827, e 12.612 máis –un 14% de incremento– que en 2008. Deste modo, a Xunta sitúa o rendemento cirúrxico a 31 de decembro do ano pasado no 73%, o que supón, sinalan, un aumento do 9% en relación ao exercicio 2008, cando estaría no 67%, e do 3% respecto a 2009, cando se situaba no 70%.
Deste xeito, Farjas destacou o “gran esforzo” realizado polos profesionais do Servizo Galego de Saúde, ao tempo que subliñou a “tendencia crecente” da actividade cirúrxica, con 6.000 intervencións máis que en 2009. Así mesmo, fixo referencia á cirurxía menor nos centros de saúde, apuntando un total de 19.169 operacións en 2010, o que supón un incremento do 32%, segundo precisou a conselleira.
Por outra parte, segundo a titular de Sanidade, as especialidades nas que diminuíu a demora para as consultas de xeito máis claro foron Anestesioloxía e Reanimación, con 40 días.



No hay comentarios:

Publicar un comentario