13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





2 feb 2011

O catálogo de medicamentos

Xornal.com



A sanidade pública galega ten ameazas moi serias para o seu funcionamento normal como para crear alarmas sobre problemas inexistentes, tal como se está a facer coa suposta discriminación do Catálogo galego de medicamentos.
As iniciativas de financiamento privado promovidas por Feijoío e Farjas son a maior ameaza para a sanidade pública galega. Este Goberno conseguiu en ano e medio deteriorar os servizos sanitarios e as condicións de traballo dos profesionais do Sergas e situalos en moitos aspectos ao nivel do ano 2005. E aínda non empezamos a pagar a hipoteca dos hospitais e centros de saúde construídos con financiamento privado (Vigo, Pontevedra…), unha débeda que vai asfixiar os orzamentos sanitarios das próximas décadas.
Precisamente, ante un Goberno tan agresivo e lesivo para Galiza e a sanidade pública galega, debemos esixir, e demostrar, seriedade e responsabilidade nas propostas e reivindicacións. Por outra parte, a situación de crise económica obríganos, como colectividade, a aproveitar ao máximo cada euro do presuposto. A creación do Catálogo galego de medicamentos vai nesta liña.
Neste momento hai moitas marcas dos mesmos medicamentos que son iguais pero con prezos diferentes. No Catálogo non falta ningún dos medicamentos autorizados polo Ministerio de Sanidade, figurando aquelas marcas que non superan o prezo menor establecido polo mesmo Ministerio. O Parlamento galego, co apoio do BNG, decidiu que aquí non se vai pagar máis polo mesmo produto cando o hai exactamente igual a un prezo menor. Debemos ser conscientes de que o gasto superfluo reduce posibilidades de prestar outros servizos necesarios.
Por outra parte, levamos moito tempo nunha situación sen sentido: A administración sanitaria (neste caso o Ministerio) autoriza un medicamento para uso no sistema sanitario e, posteriormente pídeselles aos médicos que non o prescriban, xa que hai no sistema outros medicamentos da mesma ou maior eficacia pero máis económicos.
O BNG reuniuse con varias sociedades científicas médicas e de farmacéuticos, e as súas propostas foron incluídas mediante emendas na lei. Todos coincidían, e así se dixo no Parlamento, na necesidade de que o Sergas fixese unha campaña informativa á poboación do que era o Catálogo e do valor e utilidade dos medicamentos xenéricos, pero o Sergas non o fixo. Preferiu gastar os cartos nunha campaña publicitaria para intentar convencernos de que defenden a sanidade pública, replicando ás iniciativas e á macromanifestación de SOS Sanidade Pública. Tamén se pediu no Parlamento que a Consellaría acordase cos Colexios Farmacéuticos o inicio da aplicación da lei e a súa colaboración para informar á poboación pero o Sergas só lles deu 15 días, parte dos cales coincidiron coas vacacións de Nadal, para poñerse ao día e aplicar a nova lei.
O BNG, e tamén as sociedades científicas, son conscientes de que o Catálogo vai producir un aforro importante nos seus inicios pero que terá un efecto limitado no futuro se non se toman outras medidas de mellora da calidade da prescrición: Trátase de usar o medicamento máis efectivo no tratamento de cada doenza, e isto precisa que o Sergas (conta con profesionais moi competentes e dispoñibles para esta labor) facilite información á cidadanía, ás asociacións de enfermos e mesmo aos profesionais sanitarios, cousa que neste momento non fai e que deixa en mans da industria farmacéutica.
Denunciar o Catálogo por discriminatorio é demagóxico e pouco responsable. Sábeno ben os que din que se vai tratar peor a un galego que a un asturiano. Se o problema é de competencias pode ser preciso o acordo político pero non deberían xogar coa sanidade pública galega, un ben prezado sometido a outros riscos moito máis serios que o sensato Catálogo galego de medicamentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario