la Voz de Galicia
O Ministerio de Sanidade tamén está a adoptar medidas para reducir o gasto na factura de farmacia e unha delas será a de autorizar a fabricación de medicamentos en monodoses, para evitar que se desperdicien fármacos cando o envase non se axusta ao tratamento real. Onte aprobáronse os primeiros principios activos, en concreto ibuprofeno e paracetamol, o primeiro deles en dose de 400 e 600 miligramos e o segundo en 650 miligramos e un gramo. Isto permitirá que o médico prescriba a cantidade exacta do medicamento que o paciente debe tomar.
Os novos formatos estarán nas farmacias a partir do mes de abril, e o Ministerio de Sanidade estima que só con estes dous fármacos o sistema de saúde aforrará seis millóns de euros ao ano. Ademais das monodoses, o Goberno central tamén está a revisar os envases dos medicamentos para adaptalos ao tratamento real dos pacientes. Xa se detectaron unhas 210 presentacións que deberían modificarse, a maioría antibióticos. Sanidade presentará en breve a resolución que permita ao farmacéutico fraccionar os envases naqueles casos nos que este non se adecúe ao tratamento, e ademais non haxa unidosis para dispensar. Esta alternativa será a menos utilizada.
Derivado do cannabis
A comisión interministerial autorizou ademais o financiamento do medicamento Sativex, un derivado do cannabis para a esclerose múltiple.
No hay comentarios:
Publicar un comentario