13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





9 mar 2011

Os médicos non saben como actuar tras a suspensión do catálogo

A Confederación Estatal de Sindicatos pídelle á Consellería de Sanidade que, trala decisión do TC, dea "instrucións claras" sobre como proceder á receita de fármacos que non priorizaba a lista galega 

 

Galicia Hoxe

A sección galega da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM-Galicia) remitiulle unha carta á directora de Asistencia Sanitaria do Sergas, Nieves Domínguez, na que reclama "instrucións claras ós facultativos" sobre como proceder á receita de medicamentos que non priorizaba o catálogo galego desde a súa suspensión cautelar polo Tribunal Constitucional.
O sindicato médico asegura que numerosos facultativos se dirixiron á organización solicitando información sobre "como actuar no caso de ter que prescribir un paciente algún dos fármacos que estaban excluídos (...), máxime cando o programa informático de receita electrónica non foi modificado aínda para permitir dita prescrición".
No seu escrito á directora de Asistencia Sanitaria, CESM-Galicia pide que "coa máxima urxencia, se proceda a modificar o programa de receita electrónica para adaptalo á legalidade" e que, "mentres isto non sexa posible, se diten instrucións claras ós facultativos sobre como proceder nestes casos".
O catálogo galego de medicamentos, e a súa lei de base, quedaron en suspenso tras a admisión a trámite do recurso exposto polo Goberno central comunicada o venres polo Tribunal Constitucional. Os servizos xurídicos da Xunta traballan xa nas alegacións e nos pasos necesarios para acurtar o prazo de suspensión, que se pode prorrogar ata un máximo de cinco meses. En canto ó programa de receitas, a conselleira de Sanidade apuntou o propio venres que o seu departamento estaba iniciando a adaptación dos sistemas informáticos. Pola súa banda a Consellería de Sanidade asegurou onte que o corpo médico recibiu xa toda a información necesaria e que os facultativos "poiden prescribir calquera fármaco que estimen conveniente". O departamento que encabeza Pilar Farjas non aclarou cando se concluíu a adaptación das aplicacións e sistemas informáticos ó novo escenario. Namentres, segue funcionando a receita en papel.
O catálogo galego priorizou en 34 grupos de medicamentos equivalentes o uso das presentacións comerciais máis baratas, limitando as marcas máis caras a supostos xustificados por criterio médico. Sanidade confía en que a suspensión do catálogo non impida que a prescrición siga tendo en conta criterios de eficiencia.
Por outra banda a ministra de Sanidade, Leire Pajín, anunciou onte no Senado que un equipo de asesores xurídicos do seu departamento viaxará hoxe a Galicia para buscar novas fórmulas que permitan axustar á lexislación estatal a lei autonómica de uso racional de medicamentos, pola que se creou o catálogo priorizado de medicamentos, actualmente en suspenso pola admisión a trámite no Tribunal Constitucional do recurso presentado polo Goberno central.
Segundo dixo Pajín na Cámara Alta en resposta a unha pregunta da voceira socialista no Senado, Carmela Silva, desde o seu Ministerio propuxéronlles ás comunidades "fórmulas alternativas" para racionalizar o gasto farmacéutico.

Pajín, preocupada pola cidadanía
"O Ministerio continúa traballando e dialogando coa Xunta para axustar a súa lexislación", sostivo a ministra de Sanidade, que neste sentido asegurou que na reunión que hoxe manterán os seus asesores xurídicos co Goberno galego o Ministerio porá de manifesto "unha vez máis" a súa "vontade de diálogo". Durante a súa intervención, Pajín xustificou que o recurso do Goberno estatal ante o Tribunal Constitucional presentouse para "garantir á cidadanía galega os mesmos medicamentos que ó resto de España".

"Hai políticas equitativas"
"Nas crises os responsables políticos debemos tomar medidas a curto e longo prazo para salvagardar políticas públicas, convencidos de que é posible aforrar no gasto pero con equidade", di Pajín.
"Galicia aforrará uns 78 millóns"
Pajín defendeu que a actualización dos prezos de referencia ditada polo Ministerio e con efectos para todo o territorio desde marzo permitirá un aforro para Galicia duns 78 millóns de euros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario