13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





26 abr 2011

Farjas e Beccaría avalan un informe que plantea financiar en sanidade só os servizos básicos

Este documento, que foi presentado por Bernat Soria e Romay Beccaría, aposta pola “redución selectiva dos servizos”

Xornal de Galicia


O sistema sanitario público deixou un déficit duns 11.000 millóns de euros entre 2003 e 2007. Con este argumento de partida, a Fundación Bamberg avoga por un novo modelo de xestión da saúde, no que sexan os criterios económicos os que marquen a oferta do Sistema público. Así, o informe que recolle esta proposta –na que participaron a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e a ex ministra Ana Pastor, entre outros– aposta por unha “redución selectiva da carteira de servizos”.
“Necesitamos un modelo no que as prestacións a recibir polos cidadáns estean en correspondencia coa capacidade financeira do Estado”, afirma o texto. Neste sentido, “é importante diferenciar as prestacións relacionadas directamente co mantemento e recuperación da saúde das que non o son”, explica.
Así, o documento presentado polo ex ministro Romay Beccaría engloba entre os seus participantes a responsables da xestión sanitaria coma Pilar Farjas, Ana Pastor ou o ex ministro socialista Bernat Soria. A proposta deste grupo –que toma entre as súas referencias a Estratexia do Sergas 2014– aposta por “un modelo que contemple a eliminación dos actuais niveis asistenciais”.
Este sistema pasaría por que o Estado decida cales son as prestacións básicas que deben ofrecer os hospitais públicos, deixando fóra do financiamento da Administración todo o que non se considere coma tal. A partir de aí entra en xogo a figura das aseguradoras privadas que “poderán ofrecer seguros complementarios para as prestacións non cubertas polo Estado”, que o informe cualifica de “accesorias”, para o “confort” ou de “patoloxías menores”.
“Os centros públicos ou privados desenvolverán a súa actividade nun marco de competitividade, polo que deberán levar unha xestión eficaz e eficiente, orientada á maximización da calidade e á sostibilidade económica, centrada no seu negocio”, relata o texto. “É fundamental impregnar ao futuro modelo de xestión sanitaria de criterios empresariais de eficacia e resultados”, sentencia este informe.
A proposta, na que tamén participan diversos responsables dos servizos de saúde da Comunidad de Madrid, segue a liña dun documento interno do propio Servizo Madrileño de Saúde no que os responsables daban conta dos servizos que “poderían ser potencialmente limitados ou excluídos no futuro”, co fin de garantir a solvencia do sistema público. Así, neste estudo, recomendábase a exclusión dos “servizos hoteleiros” dos hospitais –útiles de aseo e lencería–, a realización de vasectomías e ligaduras de trompas, tratamentos de fertilidade, operacións de cambio de sexo ou vacinas contra o virus do Papiloma Humano, causante da maior parte dos cancros de colo de útero.
O texto tamén destaca a necesidade de “reordenar” as competencias das comunidades para evitar as diferenzas de servizo entre uns e outros territorios. Para isto, aposta por substituír o Consello Interterritorial por un órgano “con carácter executivo” que estea liderado polo Ministerio de Sanidade.

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario