13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





16 abr 2011

Balance de 2 anos de goberno: Farjas inicia mandato privatizando centros e segue firme co catálogo

La Voz de Galicia

Unha aposta segura para o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Pilar Farjas (Samper de Calanda, Teruel, 1959) chegou hai dous anos á Consellería de Sanidade cunha dilata experiencia en xestión sanitaria nos gobernos de Manuel Fraga e José María Aznar. E seguiu afondando nesa liña; tanto, que xestión eficiente e sustentabilidade do sistema sanitario se converteron nas dúas grandes consignas dun departamento que comezou a lexislatura privatizando hospitais e chega ao seu ecuador cunha lei de racionalización do gasto farmacéutico paralizada polo Tribunal Constitucional (TC).
O discurso da eficiencia xustificou nestes dous anos unha política sanitaria moi contestada. Aplicouse aos recursos humanos para eliminar complementos retributivos aos traballadores, como o de exclusividade, ou as chamadas peonadas, horas extraordinarias destinadas a operacións de tarde, que foron reimplantalas logo cuns criterios denunciados por opacos e desiguais, ante o aumento da lista de espera, especialmente a non estrutural.
No ámbito das infraestruturas, Sanidade se vendeu outro gran modelo de xestión, o de concesión administrativa, que converteu a esta Administración nunha das que xerou máis descontento social. Reactivou as plataformas en defensa da sanidade pública e desatou mobilizacións contra a privatización do sistema de saúde nas cidades e comarcas galegas. O punto álxido foi a manifestación de Santiago, en marzo do pasado ano, que xuntou a unhas 15.000 persoas na Praza da Quintana, así como as de Vigo, a onde acudiron, segundo os organizadores, ata 50.000.
A conselleira, que asegura que con capital privado se “constrúen hospitais en tres anos”, comezou aplicando este modelo en Vigo, onde o bipartito tiña previsto construír o novo hospital cun custe de 300 millóns a través de Sociedade Pública de Investimentos (SPI). Con menos camas, hoxe levantar ao edificio suporá o mesmo gasto, pero, mediante un canon anual de 71 millóns os galegos pagarán en 20 anos máis de 1.400 millóns por un centro hospitalario que, durante esas dúas décadas. xestionará a empresa concesionaria –cos beneficios que iso lle reporte–, mentres o Sergas subministrará o persoal sanitario.

UN MODELO CON SELO POPULAR
A pesar de que chamada iniciativa de financiamento privada (FPI, nas súas siglas en inglés) multiplica por catro, segundo os expertos, o custe da infraestruturas hospitalarias, Farjas recoolleu o modelo de comunidades como Valencia, onde empezou, e Madrid, na que Esperanza Aguirre se serviu del para abrir sete hospitais nunha única lexislatura e outros catro na seguinte, cun enorme rédito electoral. En Galicia, a Xunta executará deste xeito o novo hospital de Pontevedra, onde os veciños demandaban que se mantivera o do centro único de Montecelo que deixara o anterior Goberno, e boa parte dos 63 centros de Primaria da lexislatura.
Sanidade deu nestes dous anos prioridade as obras. Tanto é así que o esforzo por impulsar os xenéricos do Sergas tiña como obxectivo reducir os custos en medicinas para destinalos a edificacións. Co Plan de Primaria paralizado, a lei re racionalización do gasto farmacéutico –coa que se aproba o catálogo de medicamentos que o ministerio recurriu porque excluía máis de 400 produtos que se prescriben noutras autonomías– contou co apoio do BNG a condición de impulsar o primeiro nivel asistencial. Farjas tiña previsto recortar o gasto en medicinas en 120 millóns anuais, foi rebaixando as expectativas porque, pese ao notable impulso que sufriron os xenéricos ao longo das lexislatura –Galicia estaba á cola do Estado– o listado só funcionou dous meses.
No ámbito social, os recortes aos programas de drogas ou o apoio a Red Madre como contrapunto á lei do aborto foron algúns dos aspectos máis criticados. Entre os retos inmediatos, queda sacar adiante o convenio con Povisa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario