13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





29 abr 2011

Sobre as listas de espera no hospital (opinión do Dr. Manuel Sarmiento)

Publicado na sección de Tribuna da Voz de Galicia 29-4-2011

Nota: O Dr Sarmiento é Médico de Familia de atención Primaria en Chantada, da área sanitaria de Monforte.


Son Manuel Sarmiento Rodríguez, médico de atención primaria no centro de saúde de Chantada, e diríxome a este medio de comunicación diante do estupor que me causou ver como se minte dende a xerencia do Hospital Comarcal á hora de lavar a cara da Consellería de Sanidade dicindo que se recortaron as listas de espera. Desexo denunciar que hai máis dun mes solicitei para unha paciente do meu cupo interconsulta co servizo de neuroloxía. Cando volvo ver á paciente pregúntolle para cando tiña consulta e respóndeme que “aínda non ten consulta por canto as listas de espera para neuroloxía están pechadas ata o ano que ven”. Esta é a máis grande vergonza da sanidade comarcal, como para que aínda se pretenda presumir do acurtamento nas listas de espera. É verdade que neuroloxía é un servizo con longa espera, pero iso é porque na área máis envellecida de Galicia non temos xeriatría e esas funcións repártense entre neuroloxía e saúde mental, coa lóxica saturación destas especialidades. Pero por outra banda tampouco teremos pediatría, como estamos a ver no Concello do Saviñao. Ou sexa, nin está atendida a infancia nin a senilidade. Co cabreo que me provocan ditos triunfalismos, considero que a función dun xestor debería ser a búsqueda de solucións ás carencias en prestación de servizos públicos sanitarios, non a de mentir nin solapar as deficiencias nin as necesidades dunha poboación que loita para evitar o desmembramento do medio rural. Así non, señor xerente, así só se engana a si mesmo, non a unha poboación desperta e cada vez máis concienciada.

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario