13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





2 may 2011

O urxente e o importante

Enrique Castellón, ex-director do sergas (opinión)

La Voz de Galicia


El déficit sanitario situouse no 2010 en aproximadamente 15.000 millóns de euros. Talvez sexa máis avultado se hai compromisos de pagamento sen contabilizar. Se temos ademais en conta que nos últimos anos o gasto real superou ao orzado en máis dun 10%, podemos facernos unha idea da dimensión do problema de sustentabilidade. Se aínda se oen voces -especialmente en campaña electoral e especialmente entre quen aspiran a defender o público- pedindo máis de todo, tamén podemos facernos unha idea do que nos espera.
Pero o urxente non debe facer esquecer o importante. ¿Que é o importante? Reformar o modelo sanitario, innovando en tecnoloxía e organización, para facelo viable no longo prazo. Ampliar a visión que se ten acerca de como mellorar a saúde da poboación, o que implica abordar os seus determinantes sociais, canalizando o gasto público cara a onde sexa máis eficiente en termos de saúde. Tratar a enfermidade máis racionalmente, reducindo os internamentos e a necesidade de caras estruturas hospitalarias. Facer máis efectiva a atención primaria e promover os coidados domiciliarios. Tratar as patoloxías crónicas cun enfoque máis integrado e cun carácter máis preventivo. E aproveitar os recursos existentes, públicos ou privados, sen máis discriminación que a derivada da súa eficiencia relativa.
As reformas non se improvisan, pero hai que empezalas. De momento, ¿que é urxente? De entrada, non reincidir en gastos innecesarios. Identificar -e recortar- os que pouco engaden á calidade da asistencia. Limitar o crecemento de camas hospitalarias de agudos. Agrupar unidades de alto nivel tecnolóxico: non é bo penalizar o custo e a calidade por vantaxes marxinais de accesibilidade. Revisar os resultados das intervencións médicas con maior variabilidade xeográfica. Non sempre -antes ao contrario- máis é mellor. Para rematar, mellorar a prescrición e reconducir a anticuada distinción entre activo (40% de copago) a pensionista (gratis) que deriva en incrementos inxustificados na factura farmacéutica. En Muface todos pagan o 30%, funciona correctamente e non parece que haxa queixas, non se sabe de ninguén que se cambie por ese motivo. Talvez así o sistema sanitario público poida recuperar a súa solvencia.

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario