13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





11 ene 2011

ESTUDO GALEGO: Os niveis de leptina e grelina determinan as posibilidades de sufrir o efecto yoyó das dietas

Este equilibrio é un dos factores fundamentais para determinar o éxito dun programa.

O efecto yoyó das dietas ten que ver coa cantidade das hormonas leptina e grelina que ten unha persoa. Este equilibrio é un dos factores fundamentais para determinar o éxito dun programa.
É a conclusión á que chegou un equipo do hospital santiagués CHUS, que o acaba de publicar nunha das revistas do ramo, Journal of Clinical Endocrinology & Metabolism. Segundo a autora principal do estudo, Ana Belén Crujeiras, os pacientes que teñen niveis altos da hormona leptina e baixos de grelina «son máis susceptibles de recuperar o peso perdido a curto prazo».
Para chegar a esta conclusión analizouse a 104 pacientes, aos que se lles controlou a grelina, leptina e insulina despois dunha dieta hipocalórica. En oito semanas, o grupo que recuperou máis do 10% do peso perdido tiña niveis maiores de leptina e menores de grelina; non se observaron diferenzas en canto á insulina. Aos homes aféctalles máis a grelina e a leptina ás mulleres.


No hay comentarios:

Publicar un comentario