13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





7 ene 2011

Feijóo restrinxe os fármacos aos que teñen dereito no resto de autonomías

Xornal.com


A Xunta fixo un catálogo de medicamentos no que o principal criterio era o prezo dos fármacos.

Segundo a Organización Mundial da Saúde, un medicamento xenérico é aquel que se vende baixo a denominación do principio activo que incorpora, sendo equivalentes nos seus contidos á marca orixinal. Isto quere dicir que os xenéricos teñen igual composición e forma que os medicamentos orixinais, que pertencen a unha compañía farmacéutica. Un medicamento xenérico pode ser elaborado unha vez vencida a patente do medicamento de marca, unha patente que adoita ser duns dez anos.
Os profesionais médicos insisten en que os medicamentos xenéricos son igual de efectivos que os orixinais. Todos os fármacos que están aprobados polo Ministerio de Sanidade que se empreguen para a mesma tarefa teñen que pasar polos mesmos controis de calidade, seguridade e eficacia. É por este motivo que os profesionais sanitarios disconformes co catálogo de medicamentos que pretende impulsar a Xunta de Galicia adoitan deixar claro que non están en contra dos xenéricos en ningún caso, senón do catálogo.
Baixo a premisa de buscar un aforro no gasto farmacéutico, a Consellería de Sanidade, dirixida por Pilar Farjas, decidiu poñer en marcha un catálogo de fármacos, no que primaban os xenéricos e que especificaba os medicamentos que estaban suxeitos a subvención por parte do Sergas. O catálogo máis restritivo de España e tamén o único que se levaba a cabo atendendo a principios puramente ligados ao gasto. O Goberno galego decidiu apostar polos medicamentos máis baratos para intentar aforrar .
O catálogo de medicamentos da Xunta é máis pequeno que a lista de fármacos suxeitos á subvención que estipula o Ministerio de Sanidade. O que pretende a Xunta é eliminar do catálogo de fármacos suxeitos a descontos financiados pola Administración un considerable número de orixinais e substituilos polos seus xenéricos, que son sempre máis baratos, xa que non teñen que pagar patente, os gastos de envasado son menores, e a marxe da farmacia dispensadora é menor, de aí tamén está derivado o desgusto deste colectivo coa norma galega.
Con esta manobra, a Xunta de Galicia estima que aforrará uns 120 millóns de euros ao ano. Baixo estas bases, a Lei de Racionalización do Gasto na Prestación de Farmacia foi presentada no Parlamento de Galicia a finais de decembro e aprobada cos votos de PP e de BNG.
As voces críticas co catálogo basean a súa disconformidade no feito de que a listaxe da Xunta é discriminatoria, xa que, se finalmente sae adiante, os galegos terán un menor número de fármacos suxeitos á subvención que o resto dos españois. De momento, os médicos galegos estaban obrigados a empezar a receitar segundo este catálogo de xenéricos dende o 3 de decembro. Pola súa banda, as farmacias teñen un prazo que remata o próximo 16 de xaneiro para proveerse dos medicamentos xenéricos incluidos no catálogo.
Desta forma, se un facultativo receitase a un paciente un fármaco non xenérico dos mismos principios activos debería confrontar este feito coa necesidade de ter que explicar a súa decisión ante o servizo de inspección médica. Así o advertiu no seu momento o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen no pasado estivo na dirección do Insalud, o organismo encargado da sanidade pública no conxunto de España.
A polémica polo catálogo de medicamentos seguiu crecendo cando o Ministerio de Sanidade, agora dirixido por Leire Pajín, decidiu presentar un recurso contra a lei galega de aforro no gasto farmacéutico ao entender que a comunidade estábase a exceder nas súas competencias.
Segundo argumenta o Estado central, o catálogo galego invade competencias estatais e resta dereitos aos cidadáns galegos con respecto aos doutras comunidades autónomas, rompendo así o principio de cohesión social do Estado en materia sanitaria.
Polo momento, Galicia é a única comunidade que decidiu botarlle un pulso ao Estado neste tema, algo normal se se ten en conta que, de partida, as competencias nesta materia son propias do ministerio. Con todo, en meses anteriores, o lehendakari vasco, Patxi López, puxo en marcha un plan de menor calado. O Executivo vasco escolleu no mes de xuño catro xenéricos– para o colesterol, anticoagulante, contra a osteoporosis e contra a hipertensión– e acordou que os seus médicos só poderían recetar estes catro fármacos cando así o estipulara a doenza do paciente. Se non estivesen dacordo, os doutores deberían xustificar por escrito a súa decisión de prescribir un medicamento máis caro.
De momento, en Galicia–que se sitúa á cola do uso de xenéricos en todo o Estado– non hai unha receita axeitada contra esta polémica.

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario