13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





27 ene 2011

O catálogo de fármacos deixará o gasto por riba da media estatal

O aforro de 112 millóns que supón a medida rebaixará a factura de Galicia ata os 290 euros por persoa, 30 euros máis que o resto de España.

O gasto en medicamentos volveu medrar no 2010 en Galicia. Mentres o resto do Estado vía como caía a súa factura, a Xunta pagou o ano pasado ata 6 millóns máis polos fármacos. Como resposta a esta situación, o Goberno galego puxo en marcha o pasado 3 de xaneiro o seu propio catálogo de fármacos, que a base de reducir a oferta de menciñas para 34 principios activos, prometía un aforro de 112 millóns ao ano; ou o que é o mesmo, 300.000 euros ao día, tal coma matiza a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas. Porén, esta cantidade non será suficiente e manterá a factura dos galegos en fármacos por riba da do resto de cidadáns do Estado.
De cumprirse as previsións de aforro do Goberno galego, a factura en fármacos quedaría en torno aos 819 millóns de euros. Este aforro suporía unha caída dos gastos do 12%, unha porcentaxe sensiblemente inferior ao 21% que separa os 332 euros que pagaron polos fármacos os galegos en 2010, dos 260 da media estatal.
Deste xeito, as cifras da Xunta prevén un gasto por galego duns 290 euros en menciñas durante este 2011. Pola contra, a media estatal falaba o pasado ano duns 260 euros por cada cidadán. Así, os galegos seguirían pagando máis polos seus medicamentos a pesar de ter restrinxida unha parte da oferta para un total de 34 principios activos –que si se financian no resto das comunidades autónomas–.
Esta diferencia entre Galicia é o conxunto do Estado basease en que autonomías coma Andalucía levan máis tempo traballando para substituír os medicamentos con marca comercial polos xenéricos, que por norma xeral teñen un menor custo.
A prescrición por principio activo –que en Galicia aprobou o Parlamento hai uns meses– é unha das medidas que axudaron á comunidade andaluza a situarse á cabeza do Estado no consumo de xenéricos, cunhas porcentaxes que roldan o 40% destes fármacos. Como consecuencia, o custo medio das menciñas é máis baixo e nos últimos meses do ano situábase por debaixo dos 11 euros por receita, mentres o custo medio das menciñas dos galegos en 2010 foi de 14,20 euros.
A escasa implantación destes fármacos na comunidade –onde só existía o Plan de Xenéricos que recomendaba aos facultativos prescribir tres destas variantes sen marca cada tres meses– explica a diferencia do impacto do gasto entre comunidades. Unha variación, que durante este ano suporá que os galegos paguen polo menos un 11% máis polas menciñas. Non obstante, a diferencia entre territorios pode medrar aínda máis, coas novas medidas que xa estudan implantar outras rexións.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario