13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





27 ene 2011

Un pediatra desdóbrase en Viveiro con 2.000 pacientes

Sanidade prevé aliviar o día 1 a sobrecarga que soporta desde hai dúas semanas, consultando a un ritmo frenético.

Nin sequera a ateigada sala de espera permite intuír tan frenética actividade. Mamás e papás móstranse comprensivos cos atrasos sobre os horarios orientativos de consulta. Outros saben que deben ter máis calma, acudiron por urxencias porque só así poden saber, cando lles preocupa, que lles ocorre aos seus pequenos. Por tres portas entran e saen unha auxiliar e unha enfermeira, chamando, recibiendoy despedindo. Tampouco paran dentro, onde un pediatra se move de sala en sala, desdobrándose para procurar atender a tres pacientes cada vez. E así levan dúas semanas en pediatría do centro de saúde de Viveiro, onde a Xunta deixou en mans dun só facultativo a atención duns 2.060 menores de 14 anos de idade.
O continuo ir e vir de onte pola mañá non sorprende nunha época do ano na que arrefriados, gripes ou infeccións víricas atacan sen consideración aos máis pequenos da casa. Menos mal que non están enfermos todos os que dependen do especialista do ambulatorio viveirense e, tamén, que ese médico tampouco se resente estes días por problemas de saúde.

Paciencia e dúbidas maternas
Cando chegue ese esperado reforzo, pediatría de Viveiro recuperará a normalidade. Con matices, porque os sanitarios continuarán co cansazo acumulado tras moitos días de sobrecarga, afanándose en sacar o traballo adiante, cun ritmo estresante que se percibe mellor dentro da consulta.
Papás e mamás están perfectamente decatados do problema. Comentan as súas impresións e a maioría acaba chegando á mesma conclusión. Non entenden como se pode cargar a un só pediatra cos pacientes de dous. Non comprenden por que tardan tantos días en enviarlle axuda. Pero elas e eles tamén parecen habituarse e, con todo, o importante é que polas mañás hai pediatra no seu centro de saúde.
Non esquecen que dúas semanas atrás, cando coincidiu a baixa médica da pediatra coas vacacións do que despois volveu ao pé do canón, tiñan que desprazarse a San Cibrao. Polo menos iso cambiou agora, porque o que está en activo aceptou aumentar o seu horario laboral.
En singular, porque só hai un. A súa compañeira está de baixa médica, prevéndose que a súa ausencia sexa prolongada. O Servizo Galego de Saúde alega que non puido substituíla desde mediados de mes porque non atopa profesionais en paro. Anuncia que o vindeiro martes, 1 de febreiro, incorporarase outro pediatra. Non estará dispoñible ata entón porque traballa noutro centro de saúde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario