13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





26 ene 2011

Un fallo deixa sen computador a todos os centros de saúde

Unha avaría informática no servidor impediu o uso dos equipos das consultas médicas durante máis dunha hora.


Como nos vellos tempos, apuntando nun papel síntomas, diagnóstico, tratamento e medicamentos a recetar. Os centros de saúde galegos emendaron o mellor que puideron os cortes informáticos que sufriron onte os computadores das consultas, e que os deixou inoperativos durante máis de hora.
O Servizo Galego de Saúde informou a última hora da mañá de onte de que o problema afectou ao sistema Ianus que utiliza a Consellería de Sanidade para desenvolver a historia clínica electrónica, con cortes intermitentes de reprogramación causados por unha actualización da base do servidor.
A incidencia durou, segundo a Administración sanitaria, uns 45 minutos que non afectaron, ademais, nin ao programa de cita previa ?é dicir, seguiron concertándose consultas?, nin á dispensación farmacéutica nas oficinas de farmacia.
Desde os centros de saúde discrepan no tempo que non puideron utilizar os equipos informáticos. No Nóvoa Santos, na capital ourensá, aseguraron que as dúas primeiras horas de consulta, de nove a once da mañá, estiveron inoperativos, mentres que noutros ambulatorios reduciron a unha hora e media a incidencia.
Iso si, os profesionais, na maioría dos casos, tomáronllo con tranquilidade. O coordinador do centro de saúde de Vite, en Santiago, asegurou que non se deixou a ningún paciente sen atender. «Hai que seguir prestando a asistencia, non lle vas a dicir a un paciente que como non funciona o computador que se vaia a casa», apuntou. ¿A solución? A de antes, o lapis e papel. «Apuntamos todo a man e a partir de agora ?a unha da tarde de onte? comezaremos a introducir todos os datos e a prescrición nos equipos», indicou o coordinador do centro de saúde compostelán. Nos portelos de atención ao usuario, con todo, non houbo incidencias e os pacientes puideron pedir cita con total normalidade.
O proxecto Ianus permite integrar nun único sistema informático o historial clínico de cada paciente, independentemente do hospital, centro de saúde ou lugar onde resida. Ademais, o sistema garante o control de acceso a estes historiais e a confidencialidade dos datos dos pacientes. 

Fallos coa tecnoloxía
As novas tecnoloxías teñen poucas desvantaxes, pero unha delas é que un fallo pode deixar sen servizo a miles de usuarios. En abril do ano pasado un problema na rede do Sergas afectou a todos os servizos informáticos, o que impediu consultar historias clínicas, prescribir fármacos mediante a receita electrónica ou solicitar citas a través de Internet.
Un mes antes foron as farmacias as que quedaron inoperativas durante un par de horas debido a unha actualización informática do Sergas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario