Xornal.com
Durante, cando menos, dous anos dende a adxudicación do contrato que a Consellería de Presidencia comezou a tramitar o pasado 31 de decembro, os cidadáns que empreguen 12 liñas de atención telefónica da Xunta serán atendidos por persoal que traballará en instalacións alleas á Administración autonómica, e que desenvolverá o seu labor ao servizo dunha empresa privada que recibirá un máximo de 2,7 millóns de euros por xestionar estes servizos do Goberno.
As empresas interesadas en facerse con este contrato, xestionado polo departamento que dirixe Alfonso Rueda, teñen xa á súa disposición un amplo prego no que a Xunta detalla as características dunhas liñas telefónicas que reciben, segundo datos oficiais, algo menos de dous millóns de chamadas anuais para tratar temáticas moi variadas.
Coa intención xenérica de unificar todos os seus teléfonos de atención ao cidadán na actual liña 012, que ofrece información xeral sobre os diversos departamentos autonómicos, o Goberno galego saca a concurso a explotación de liñas tan dispares como o teléfono de información ao agro galego, o de información ás mulleres, a liña de atención en materia de vivenda, os teléfonos sociais e de axuda á infancia, o servizo telefónico da área de emprego, o teléfono do voluntariado, o teléfono xove de atención á mocidade, o servizo de información afectivo sexual dos centros Quérote, o teléfono de dependencia e o 065 de “apoio á mobilidade persoal”.
Esta pluralidade de temáticas a tratar deriva, a priori, nunha especialización do persoal que atenda as chamadas e sobre o que, non obstante, a Xunta non terá ningún tipo de control directo, dado que, segundo indica o prego de condicións, o propio proceso de contratación xa correrá “por conta e risco” da empresa, especificando que, en ningún caso, haberá unha relación “funcionarial” entre os traballadores e a Administración autonómica.
Neste senso, a Consellería especifica, como trazos “xenéricos”, que os teleoperadores deberán “ofrecer un nivel óptimo de servizo”, “atender todas as chamadas cortés e correctamente” e “cumprir e facer cumprir os procedementos, normas, protocolos e instrucións” que establecerán as consellerías das que depende cada liña de atención.
Igual cá contratación, a empresa adxudicataria será tamén a encargada de “determinar os efectivos mínimos” que considere “necesarios” para poder prestar os servizos. Na actualidade, os distintos servizos de atención telefónica contan con 57 traballadores, un dato que Presidencia ofrece a efectos orientativos nas condicións do contrato pero que permite observar, por exemplo, que na actualidade non hai ningún traballador asignado ao teléfono xove, á liña de información en materia de vivenda nin ao teléfono dos centros Quérote, estes dous últimos postos en marcha durante o mandato do Goberno bipartito da Xunta.
Sen saír da área do persoal, os datos que a Administración ofrece á posible empresa adxudicataria amosan tamén as materias sensibles que, de agora en diante, serán xestionadas en primeira instancia por unha empresa privada dende as súas propias instalacións. O persoal seleccionado e xestionado polo beneficiario do contrato terá a responsabilidade de ofrecer “asesoramento psicolóxico, xurídico e social” ás usuarias do Teléfono da Muller, concibido, entre outros aspectos, como unha vía de atención ás vítimas da violencia machista.
Do mesmo xeito, estes traballadores serán os responsables do “control de flotas” do servizo de transporte adaptado, creado pola antiga Vicepresidencia para facilitar a mobilidade de, por exemplo, anciáns usuarios de centros de día. Neste caso, Presidencia recoñece que o persoal “pode verse obrigado” a “intervir naqueles supostos en que se detecten situacións de risco e canalizar as correspondentes denuncias”. No caso da liña de atención á infancia, a mesma empresa realizará “as xestións oportunas para o internamento de urxencia en centros de menores”.
Segundo indica Presidencia, a desaparición de todas estas liñas para integrárense no 012 non será instantánea nin total. Así, os servizos telefónicos gratuítos de atención á muller ou a liña de axuda á infancia, entre outros, manterán a súa numeración actual. O resto, en principio, desaparecerán nun prazo de catro meses dende a adxudicación dun contrato que, non obstante, acumula xa varios meses de atraso, xa que a súa sinatura, segundo o prego de condicións, estaba “prevista” para o 1 de maio do pasado 2010.

No hay comentarios:
Publicar un comentario