13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





20 feb 2011

ESPECIALISTAS? PARA QUE? "Potenciando o Hospital"

CIG Saúde Monforte. 18-2-2011


Hoxe foi o derradeiro día de traballo da Dra. Canal. Como seica non hai listas de espera en ollos, non lle renovaron o contrato e vai quedar só para facer gardas.
Pois ben, hoxe pasamos pola consulta de oftalmoloxía a preguntarlle aos doentes cando pediran cita. A maior parte deles contestounos que en maio do 2010. Estamos en febreiro do 2011, non fai falla ser moi intelixente para saber de canto tempo de espera estamos a falar. Ademais si vas agora a pedir cita xa está a axenda pechada, o cal quere dicir que ata o ano que ven xa non cha dan. Así que como podedes ver é caralludo, unha lista de espera que te cagas e o tío cesa a oculista.
Pero a cousa non remata aquí. Falabamos antes da intelixencia. Pois ben o noso Xerente non debe andar moi sobrado neste apartado. Hai aproximadamente dous meses veu a pedir traballo un radiólogo intervencionista con dez anos de experiencia nun hospital creo que de Ciudad Real.
Non sei moi ben cal é o escuro motivo polo que ese radiólogo non foi contratado no Hospital Comarcal de Monforte.O que si sei é que vai empezar a traballar n' O Barco en marzo, cando tiña verdadeiro interés en que o contrataran en Monforte.Por qué vale para O Barco e non para Monforte?
Cómo se pode deixar escapar a un especialista con dez anos de experiencia e que quere vir para Monforte?A qué estamos a xogar? O normal é que non queiran vir para aquí e para un que sí quere, non o contrata. Todas estas preguntas xa llas fixemos por escrito, pero como sempre non contesta, teremos que mandar un escrito a RRHH a ver si así da sinais de vida.
Que desgraza nos veu caer a Monforte con este Xerente. Polo ben do Hospital e do pobo de Monforte DIMITA. VAIASE DUNHA VEZ E DEIXE DE MACHACAR O NOSO HOSPITAL(que non é seu).

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario