Na posta de longo do Hospital de Lugo, aposta polo "uso racional dos servizos e dos recursos, para buscar a máxima eficiencia na xestión" ·· Pide tamén eliminar os excesos para garantir prestacións para todos ·· Garante os servizos de hemodinámica, medicina nuclear e radioterapia
Galicia Hoxe
O presidente da Xunta fixo fincapé na necesidad de promover "o uso racional" dos servizos sanitarios e o "uso diáfano e produtivo" dos recursos e apelou para que "entre todos" se busquen as máximas "eficiencias na xestión". Insistiu na defensa do catálogo priorizado de medicamentos da Xunta e efectuou unha chamaamento para que "todas as administracións e profesionais" sexan capaces de dotar de "racionalidade" o sistema e "eliminar excesos prescindibles", para poder garantir "unhas prestacións públicas", subliñou.
"Fago unha chamamento", agregou, "para manter a viabilidade do sistema sanitario público galego" e concluíu que "son as novas oportunidades que nos damos entre todos, como este hospital, as que lle permitirán á nosa terra liberarse das súas propias dificultades", asegurou.
Respecto dos servizos de hemodinámica, medicina nuclear e radioterapia, dos que aínda non dispón o Lucus Augusti, Feijóo resaltou que este centro tamén será "un referente" nestas especialidades e anunciou que neste trimestre licitaranse estes tres equipamentos, para que, medicina nuclear, radioterapia e hemodinámica sexan unha realidade funcional neste ano, o que evitará o traslado de numerosos pacientes de Lugo a outros centros hospitalarios de Galicia. O presidente galego felicitouse de que a Administración que preside fose capaz, "en plena crise", de abrir un hospital público "de referencia en Europa", a través dun edificio "moderno", tras "un esforzo contrarreloxo" para dotalo do equipamento máis moderno, cun investimento próximo ós 40 millóns de euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario