13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





6 feb 2011

Munición pesada na guerra polo catálogo de fármacos

O recurso contra o catálogo "pon en perigo os futuros hospitais", denuncia Alfonso Rueda, quen acusa ao Goberno central de posicionarse do lado das multinacionais 

 

 Galicia Hoxe


A cúpula da Xunta do PPdeG saíu onte en defensa do catálogo priorizado de medicamentos contra o que o Goberno central aprobou presentar un recurso de inconstitucionalidade. Unha decisión que "pon en grave risco" os futuro hospitais e centros de sáude, alertou onte o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, quen acusou o Executivo estatal de poñerse da parte dos intereses da industria farmacéutica. Unha denuncia que compartiu onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para quen o Goberno de Zapatero "confunde equidade con discriminación". No entanto, desde o ámbito ministerial, o titular do departamento de Fomento, José Blanco, acusou o PPdeG de "hipocrisía" por defender unha España unida e logo escudarse no poder autonómico para apartarse das normas acadadas con consenso estatal.
Así as cousas, o conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda, asegurou que o recurso pon "en grave risco o empeño" da Administración autonómica en seguir construíndo hospitais e centros de saúde. "Os "300.000 euros diarios que se aforrarían" coa medida, apuntou, servirían para financiar os hospitais que o Executivo galego vai construír en Lugo, Pontevedra e A Coruña, así como os centros de saúde.
No entanto, o tamén secretario xeral dos populares galegos defendeu que "o cento por cento dos fármacos van seguir sendo sufragados pola Xunta", aínda que sinalou que "pagar o cento por cento dos fármacos non significa pagar o cento por cento das marcas". Dito isto, lamentou que o Goberno central "coinciden integramente" cos das multinacionais farmacéuticas, cuxos intereses defende, denunciou Rueda.
Pola súa banda, desde as filas socialistas se pronunciou onte, desde Lugo, o ministro de Fomento, o galego José Blanco, quen afirmou este sábado que "non hai ningunha razón para discriminar" co catálogo do Sergas e considerou "grave" que os galegos non teñan acceso ós "mesmos" fármacos que o resto de cidadáns de España. "A conferencia sectorial que se realizou no conxunto de España establecía uns criterios para aforro farmacéutico de todas as comunidades autónomas, cos medicamentos que se tiñan que dispensar en todas, polo tanto hai unha formulación uniforme para toda España. Iso que tantas veces reivindica o PP e que creba nunha comunidade onde gobernan", o que representa, segundo subliñou Blanco, unha mostra da "habitual hipocrisía" do Partido Popular.
No entanto, o presidente Feijóo acusou o Estado de "confundir equidade con discriminación". Nesta liña, aclarou que "discriminación é non apoiar o Xacobeo; é aprobar un decreto do carbón en contra dos intereses das 3.500 familias que viven das térmicas das Pontes e Meirama; é que o AVE vaia chegar a Galicia tres décadas despois que a Andalucía; e é que o Goberno central fixese todo o posible porque non houbese caixa galega, e que agora que a hai, decida que xa non quere caixas", recriminou Feijóo. "A equidade para Zapatero é que Galicia saia perdendo", criticou Feijóo.

A supervivencia do sistema público: unha fronte política aberta
O recurso do Executivo contra o catálogo galego de medicamentos abriu unha nova fronte entre os principais partidos -PSOE e PP-, que se botan en cara a ruptura da equidade do Sistema Nacional de Saúde (SNS), nun momento en que a crise económica ameaza a sustentabilidade do modelo público. A secretaria de Benestar Social do PSOE, Marisol Pérez, censurou que líderes do Partido Popular como Rajoy ou Aznar cuestionen o modelo autonómico cando unha comunidade como Galicia, onde goberna ese partido, se atreve a "invadir" as competencias exclusivas do Estado para decidir que medicamentos financian as arcas públicas.
No entanto, desde o PP, a vicepresidenta segunda do Congreso e coordinadora de Política Social, Ana Pastor, argumentou que o presidente da Xunta emprendeu unha política de aforro farmacéutico "por falta de iniciativa do Goberno socialista", que permite un aforro diario de máis de 300.000 euros, asegurou.
"O PP estanos deixando a todos estupefactos e patidifusos, é un sensentido o que están dicindo", opinou a responsable socialista, á vez que recordou que tamén Madrid, baixo goberno popular, rompeu o consenso do calendario vacinal do Estado. "Están o señor Aznar e uns cantos dicindo que o Estado autonómico é inviable, que se ten duplicidades, que se isto rompe España, e resulta que Galicia, co presidente Feijóo, que vai de moderado pola vida, aproba un catálogo de medicamentos que invade as competencias do Goberno".
Pérez recordou que os conselleiros do PP se comprometeron no Consello Interterritorial de Saúde a respectar un pacto pola Sanidade e subliñou que, se o creban, isto "non ten nada que ver co modelo autonómico, que non está en cuestión".
A socialista pediulle "lealdade institucional" ao PP e que non se escuden "na escusa do aforro nin na situación de crise", ante a que o Executivo tomou medidas "importantísimas" como a diminución do custo dos xenéricos, a actualización dos prezos de referencia ou a creación dunha central de compras para aforrar gastos.
Pola súa banda, Ana Pastor expuxo que "durante os últimos 7 anos, o Goberno non desenvolveu unha política farmacéutica coordinada e as súas medidas fracasaron na consecución dos obxectivos de redución do gasto sanitario", denunciou.
Ante esta situación, o PP rexistrará na Cámara unha iniciativa lexislativa para instar o Executivo para que defina unha "nova política" que incorpore o sistema de prezos de referencia que fixaba a Lei de 2003, unha medida "posposta" polos socialistas, e que lograría un aforro de 500 millóns de euros anuais.
O PP pide a participación "real" das comunidades na revisión do nomenclátor oficial de fármacos, especialmente para efectos da incorporación de novos produtos. "As comunidades están tomando medidas polo desastre de política económica do señor Zapatero, que as levou a unha situación financeira ó límite, e pola ausencia de liderado do Ministerio de Sanidade", apostilou. O PP quere combater ademais os desequilibrios territoriais en recursos humanos e, por iso, impulsará outra iniciativa para instar o Goberno para executar as obrigacións que lle esixe a lexislación.

O BNG reclama o dereito a aforrar
O voceiro nacional dos nacionalistas galegos, Guillerme Vázquez, reiterou onte, sábado, o apoio ao catálogo priorizado de medicamentos galego -que saíu adiante no Parlamento grazas ao apoio do BNG- contra o que o Goberno central aprobou un recurso de inconstitucionalidade, e subliñou que "Galicia ten dereito, porque ten competencias en sanidade, a aforrar gasto sanitario pola vía de utilización de xenéricos".
"Estamos en contra, absolutamente, do recurso presentado polo Goberno central, pero tamén convén dicir que o PP entra en contradición coas súas propias afirmacións", afirmou Vázquez momentos antes de participar nun encontro con pensionistas en Lugo.
"O argumento dado por Ru- balcaba para xustificar o recurso é a mesma xustificación que o Partido Popular utiliza día si e día tamén. É dicir, hai que igualar todo, nun igualitarismo absurdo", manifestou. Nesta liña, Guillerme Vázquez recalcou que o BNG considera que "fai falta máis autogoberno, máis capacidade real de decisión". "Non podemos estar sometidos constantemente á arbitrariedade do Goberno central, simplemente porque ao final Galicia non pode decidir sobre unha cuestión tan básica e elemental e, tan razoable, como aforrar gasto sanitario vía utilización de xenéricos", concluíu.

Bloque y PP unen fuerzas en la 'guerra' del catálogo (El Correo Gallego)

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario