13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





12 feb 2011

Na hucha do Sergas

Gastou 9,2 millóns menos en financiar os medicamentos de xaneiro respecto do ano anterior

O custo por receita baixa un 5%, ata os 12,7€, e achégase á media estatal 

 Galicia Hoxe


Aforrador ou non aforrador? As cifras de xaneiro non deixan dúbida: O Servizo Galego de Saúde pasa a engrosar as filas do primeiro grupo. Tras pechar o 2010 cun "estable" gasto farmacéutico, este mes de xaneiro deixa un prometedor balance. E é que o Sergas gastou 9,2 millóns de euros menos en receitas que no mesmo mes do ano anterior. En comparación con decembro do 2010, o financiamento de fármacos a cargo da sanidade pública supuxo 6,5 millóns de euros menos. No fondo do asunto: o "valente" pero controvertido catálogo priorizado de medicamentos que entrou en vigor o tres de xaneiro e que empezou a funcionar de forma plena o día 17.
Así o confirmou onte a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, quen compareceu ante os medios de comunicación acompañada pola secretaria xeral técnica da consellería, Sagrario Pérez Castellanos, e a xerente do Servizo Galego de Saúde, Rocío Mosquera Álvarez, para dar conta do balance da factura farmacéutica no mes de xaneiro.
Neste contexto, destacou que o Goberno galego gastou 71,5 millóns na subvención de fármacos, o que supón un 11,4% menos que o mesmo mes do ano anterior.
O crecemento anual acumulado, do 7% ao 0,7% en 2010
A conselleira explicou que a factura farmacéutica mantivo un crecemento anual acumulado de entre o 6 e 7 por cento nos últimos cinco anos, ata 2009, mentres que en 2010 se reduciu ó 0,7 por cento, polo que o exercicio pasado se pechou cun aumento practicamente "cero", achegándose á "estabilidade".
Farjas aclarou, en relación ao descenso dos 6,5 millóns de euros en xaneiro de 2011 fronte a decembro de 2010, que o catálogo priorizado non entrou en vigor de forma xeneralizada ata o día 17, polo que unicamente se aplicou ao 100 por cento durante "quince días".
Deste xeito, subliñou que a cantidade aforrada pasa "de formar parte dos beneficios das multinacionais farmacéuticas" a quedar "reinvestida no peto dos galegos" para actuacións na sanidade pública de Galicia. No entanto, e en relación ao gasto por receita, sinalou que en decembro de 2010 ascendía en Galicia a 13,4 euros, pero a entrada en vigor do catálogo posibilitou, segundo precisou Farjas, que baixase en xaneiro deste ano a 12,7 euros, o que supón un 5% menos.
Nesta liña, a conselleira de Sanidade apuntou que cada día se prescriben en Galicia "unhas 250.000 receitas" -das cales unas 40.000 corresponden a medicamentos incluídos no catálogo dentro dos 34 principios activos-, polo que valorou que a diminución do "cinco por cento" en apenas un mes de aplicación do catálogo aproxima a Galicia á media española, que superaba a comunidade galega ata agora.
"Galicia abandona o posto de cola", aseverou a titular do departamento de Sanidade, á vez que puntualizou que se aproxima ao custo medio por receita" de España. "Subimos cinco postos, achegándonos á media nacional", agregou.
Por iso, Farjas insistiu en que o catálogo priorizado "cumpre a súa función, mantendo intactas as coberturas de todos os galegos", ó incluír o 100 por cento dos recursos e a carteira de servizos facendo "un dobre exercicio de eficacia", en relación con "garantir as prestacións e coidar as arcas públicas", destacou. Así, agradeceulles aos profesionais a súa "implicación" na posta en marcha desta medida de contención do gasto, así como aos cidadáns galegos. "Que teñan a certeza de que contribúen con esta iniciativa á sustentabilidade do sistema público sanitario galego", afirmou Pilar Farjas, quen pensa que "aínda queda marxe de mellora e eficiencia". Respecto das relacións co Goberno central, que onte mesmo lle fixo chegar ao Tribunal Constitucional o recurso en contra do catálogo priorizado, a conselleira de Sanidade manifestou a esperanza de que o Executivo estatal "estenda o catálogo a todas as comunidades cutónomas", porque, afirmou, "se o aforro interanual en Galicia en gasto farmacéutico foi de 9,2 millóns, estamos falando de centos de millóns en España nun mes e de miles de millóns nun ano", sentenciou Pilar Farjas. "Necesitamos actuar con rapidez e eficacia", concluíu.

O sistema de Andalucía: a posible "poxa de fármacos"
O presidente do Colexio de Farmacéuticos de Sevilla, Manuel Pérez, advertiu de que se a conselleira de Saúde, María Jesús Montero, aproba o proxecto de adxudicación mediante concurso público da subministración dos principios activos aos laboratorios fabricantes que ofrezan o prezo máis barato, coñecido comunmente como "poxa de fármacos", non dubidarán en levar o caso aos tribunais.
Pérez Fernández avisou, igualmente, de que o estamento farmacéutico español está, en xeral, "en desacordo con medidas autonómicas que supoñan unha diferenciación das medidas que se poidan tomar a nivel estatal".
Segundo defendeu, o de-sacordo con este tipo de medidas autonómicas responde ao feito de que, "ao final, sempre nos terminan prexudicando", motivo polo que cominou ás administracións e aos axentes relacionados cos medicamentos a chegar "a un auténtico Pacto de Estado en farmacia e estudar, entre todos, como está o gasto sanitario, como avanza e que medidas correctoras emprender".
"O que non pode ser é que se fagan cousas distintas, en segundo que comunidades", reiterou o dirixente colexial sevillano, quen lamentou que, "á poxa de fármacos que se pretende facer en Andalucía, hai que engadir todas as outras medidas que se foron aplicado a nivel estatal".
Nesta liña, reprochou igualmente a decisión tomada recentemente por María Jesús Montero de sacar da canle da farmacia ata 250 presentacións de medicamentos de diagnóstico hospitalario -en especial tratamentos oncolóxicos e de fertilidade- para pasar agora a dispensarse de forma exclusiva polos servizos de farmacia hospitalaria.
Esta decisión, pola que calculan 90 millóns de perdas, supón "un novo bocado á farmacia", á vez que
sosteñen que é unha "medida ilegal".

Sen resposta do Ministerio 
"Pedímoslle ao ministerio de Sanidade que se sume a esta medida, que a adopte e a faga súa", reivindicou onte a conselleira de Sanidade respecto dunha iniciativa, a do catálogo priorizado de medicamentos, que Pilar Farjas cualificou como "xusta, equitativa e necesaria" para protexer a sustentabilidade da sanidade pública. Nesta liña, e ó preguntarlle sobre os contactos mantidos co ministerio que dirixe Leire Pajín, a conselleira Farjas lamentou que desde o venres pasado que o Goberno comunicou que ía presentar o recurso de inconstitucionalidade, reina o silencio respecto das peticións de reunións e de consultas que, recordou, fixo a Xunta "reiteradamente" desde "hai máis dun ano".

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario