13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





19 feb 2011

Pajín recibirá o martes a Farjas en Madrid para falar do catálogo galego

 A ministra de sanidade reunirase por fin coa conselleira, despois de que esta lle enviase catro cartas pedíndollo.
Cos ata 9,2 millóns de aforro por argumento, a responsable autonómica defenderá a "necesaria medida"

As posibilidades de aproximar posturas en torno ao catálogo de medicamentos entre o Ministerio de Sanidade e a Consellería parecía que se esvaeran, pero un inesperado correo electrónico con remite ministerial emprazou onte a titular do departamento galego de Sanidade, Pilar Farjas, para acudir a unha reunión en Madrid o vindeiro martes ás 11.30 horas. Tres días despois de que a ministra Leyre Pajín afirmase que ninguén lle solicitou unha reunión para limar diferenzas co Goberno galego sobre este asunto (recorrido ante o Tribunal Constitucional e sobre o que pesa a petición da súa suspensión), e namentres Farjas achegaba ata catro misivas solicitándoa, chega agora a invitación de diálogo desde Madrid.
A convocatoria pillou a contrapé á Consellería que desde onte traballa na reorganización da axenda dos dous primeiros días da próxima semana para Pilar Farjas.
Tras varios intentos errados, o martes pode ser unha oportunidade de ouro para que a responsable da sanidade en Galicia poida expor en primeira persoa á ministra os argumentos do Goberno galego sobre a oportunidade de aforro que representa para a comunidade a posta en marcha do catálogo priorizado de medicamentos sen minguar a calidade dos servizos aos ususarios do sistema autonómico de saúde.
Farjas defenderá ante Pajín que o catálogo é unha "medida equitativa, boa, xusta, e, sobre todo, necesaria", ademais de concretarse como "a medida máis ambiciosa e comprometida coa sustentabilidade da sanidade pública", segundo vén repetindo desde que o día 3 de febreiro o Goberno central interpuxo o recurso de inconstitucionalidade contra a lei que o ampara.
A titular de Sanidade avalará con datos ante o Ministerio a efectividade da medida, que segundo os datos da Xunta recortou en 9,2 millóns a factura de gasto farmacéutico de xaneiro deste ano respecto do anterior. Para Farjas, estender o catálogo galego a todas as autonomías no cómputo interanual representarían, dixo a conselleira, "centos de millóns en España".
Na lea entre gobernos coouse tamén a polémica industria farmacéutica. Mentres a ministra Pajín defende o seu "enorme servizo á saúde deste país", Farjas pediulle ó Executivo que "deixe o lado da industria e pense no interese xeral".

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario