13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





4 feb 2011

O Goberno aproba hoxe o recurso que paralizará o catálogo de Farjas

Pajín di que coas medidas do resto do Estado Galicia aforraría 122 millóns e Feijóo culpa o ministerio dun gasto adicional de 60


O recurso do Goberno central contra a lei galega de racionalización do gasto farmacéutico xa é unha realidade. O Consello de Estado remitiu onte ao Executivo o informe que avala a inconstitucionalidade do catálogo farmacéutico da comunidade autónoma. Deste xeito, o Consello de Ministros aprobará hoxe presentar un recurso ao Tribunal Constitucional contra o listado de medicamentos aprobado no Parlamento autonómico por PPdeG e BNG.
Segundo puido saber xornal de Galicia, o documento do Consello de Estado recoñece que a normativa autonómica choca coa Constitución, que garante o dereito dos españois á saúde, razón pola que o mercado do medicamento está fortemente intervido. Así mesmo, a norma infrinxe outras dúas leis estatais, a de cohesión e calidade do Sistema de Saúde e a de uso racional de fármacos.
Precismente onte, a ministra de Sanidade, Política Social e Igualdade, Leire Pajín, explicaba que para reducir o gasto farmacéutico se desenvolveran unha serie de medidas de forma “conxunta e coordinada” entre o Goberno e as comunidades autónomas. Ese traballo, indicou, xa está a dar os seus froitos, como demostrou o pasado exercicio, que se pechou en negativo por primeira vez en España, cun gasto farmacéutico do menos 1%, cando á chegada ao Gobernodos socialistas, no 2004, era dun 11%. Ademais, recordou á comunidade galega, que outras estaban aforrando máis, sen necesidade de aprobar catálogos propios.
Na opinión da ministra, as medidas que se puxeron en marcha ata agora axudarán a seguir nesa dirección, e pasan por apostar polos xenéricos, as monodosis, realizar campañas de comunicación á poboación, ou construír unha central de compras, que “permite que tamén sexa máis barato e se reduza o gasto”, explicou en TVE, onde sinalou tamén que co listado galego non se conseguía o mesmo beneficio. As medidas postas en marcha en común, dixo, supoñen un aforro para Galicia de 122 millóns de euros, mentres que o do catálogo “é moito menor”. Porén, o xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, cualificou o dato de “erróneo” e que “non sabía de onde sacaba os datos o ministerio”. Ademais, culpou ao departamento de Pajín de provocar un gasto adicional a Galicia en 2010 “de 60 millóns de euros”, como consecuencia de deixar un ano sen aplicar os prezos de referencia.

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario