13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





10 feb 2011

O Sergas contraataca e pide que os médicos impulsen o catálogo

Detecta farmacias que non fan o cambio automático de tratamentos

La Voz de Galicia


A tormenta contra o catálogo galego de medicamentos está en pleno apoxeo. No medio das fortes presións da industria farmacéutica, das boticas galegas e do Goberno central, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) lanzou un contraataque discreto, lonxe dos focos. Pediulles aos seus médicos un esforzo extra. Máis xenéricos, menos marcas. Fíxoo de xeito interno, remitindo circulares aos doutores de cabeceira e pediatras para que cambien todos os tratamentos que xa estean en marcha con medicamentos de marca a outros fármacos incluídos dentro do catálogo.
A listaxe galega de fármacos entrou en vigor o 17 de xaneiro. Desde ese día, a sanidade pública deixou de pagar 425 marcas de medicamentos que antes financiaba a pesar de que existían medicamentos equivalentes máis baratos e igual de eficaces. Pero moitos pacientes galegos xa tiñan tratamentos en marcha recetados con fármacos de marca que antes si estaban subvencionados. Neses casos, as farmacias debían facer o cambio automático e dar xenéricos alí onde a receita aínda puña unha caixa de marca.
O Sergas detectou que algunhas farmacias eran reticentes a facer ese cambio. Reclamábanlles aos pacientes que pedisen cita co seu médico de cabeceira, que esperasen a consulta e que fosen simplemente para pedir que lles cambiasen as receitas para os fármacos do catálogo.
Para evitalo, o Sergas habilitou unha aplicación que permite a un médico cambiar todas as receitas de todos os pacientes da súa cota. Segundo recolle a citada circular, cada doutor de cabeceira só ten que enviar un correo electrónico aos servizos centrais do Sergas pedindo que se cambien todos os tratamentos de todos os seus pacientes. Fontes da Administración confirman que desde Santiago se deu a orde a todas as xerencias de atención primaria de que facilitasen aos médicos o cambio automático no tratamento. E as circulares chegaron precisamente o venres 4, o mesmo día en que o Goberno de Zapatero acordaba recorrer o catálogo ao Tribunal Constitucional. O Sergas xa sabía que ese acordo se ía a producir, así que se adiantou.

Canto máis implantado, mellor
O razoamento de fondo que busca a Xunta é que canto máis estendido estea o catálogo, máis lle custará ao Goberno tombalo. Se agora os médicos de cabeceira fan ese esforzo, non haberá en Galicia nin un só tratamento en marcha que non estea incluído dentro do catálogo de fármacos, que recolle 34 principios activos e que, segundo a Consellería de Sanidade, xa permitiu aforrar 3,9 millóns de euros nos seus quince primeiros días. Isto suporía un aforro anual de 101 millóns. Ou o que é o mesmo, a farmacia galega, que absorbe un de cada dez euros da Xunta, podería aforrarse un 10% do que custa.


   

No hay comentarios:

Publicar un comentario