Algúns pacientes "néganse a cambiar de medicación", mentres que outros se queixan de que os novos tratamentos non lles funcionan, confirma o doutor Ignacio Tortajada, xefe de Servizo ·· "Cando non lles fai efecto o composto para durmir" acaban por duplicar a dose ou poñerse nerviosos
Galicia hoxe
A área de Psiquiatría do Hospital Clínico de Santiago (CHUS) está detectando problemas derivados da aplicación do catálogo priorizado de medicamentos, polo que só se financian os fármacos máis baratos dentro de cada principio activo -isto é, maioritariamente xenéricos- e que provoca reticencias por parte de médicos e pacientes de psiquiatría.Nuns casos, os doentes néganse a aceptar o cambio de medicación: a presentación do tratamento nu- nha caixa distinta ou cun sabor diferente provoca reticencias que anulan o "efecto placebo" das medicacións para a saúde mental.
Noutros, quéixanse de que o novo fármaco, o xenérico, non ten o mesmo efecto, non lles funciona.
Así o confirmou onte en declaracións a GALICIA HOXE o doutor Ignacio Tortajada Bonaselt, xefe de servizo de Psiquiatría do Hospital Clínico de Santiago, quen pon o exemplo dun "hipnótico que toma un paciente para durmir. Como o novo xenérico non lle funciona, di que ten que tomar dous e ponse nervioso porque lle tarda máis tempo en facer efecto que o outro".
É cedo, aclara o especialista, para saber se se pode falar dun agravamento dos casos en psiquiatría do CHUS provocado pola aplicación do novo catálogo, que entrou en vigor o día tres de xaneiro e que botou a rodar ao cento por cento o día 17, pero si se constatan casos prácticos de complicacións derivadas de tal iniciativa, como as que relata o doutor Ignacio Tortajada.
E é que, tendo en conta que "moitos pacientes, sobre todo na miña especialidade", o mesmo que os anciáns, "se fixan polo aspecto, a cor e o sabor do medicamento, non podemos opinar que así se lle estea dando un bo servizo clínico ao paciente". "Paréceme unha cubanización do asunto", asevera o doutor.
A opinión do especialista respecto da iniciativa do Goberno galego dos populares para o aforro da factura farmacéutica -que saíu adiante cos votos do BNG- é desfavorable.
Así, e deixando claro de antemán que "todos queremos contribuír ao aforro do gasto farmacéutico", critica o catálogo priorizado porque "o encheron de xenéricos, cando é posible que algúns de marca cun prezo similar ou incluso inferior ao xenérico, desapareceran".
Tampouco entende, segundo declarou a GH, "que digan que un xenérico é clinicamente igual a un de marca". En moitas ocasións, engade si o é, "pero non noutras, e tampouco se lle advirte á poboación de que aos xenéricos se lles permite unha variabilidade na dose de máis ou menos o 20 cento", ao tempo que "tamén varían os excipientes que acompañan á molécula activa, repercutindo na farmacoxenética do medicamento, e isto faise máis patente en fármacos que posúen unha marxe terapéutica reducida", indica o xefe de servizo de Psiquiatría.
Canto ás farmacias consultadas por este xornal, pertencentes á área de Compostela, tamén constatan problemas neste camiño. Confírmannos que se produce sobre todo en doenzas de coronarias e saúde mental, en xente que está tomando medicación da tensión, para durmir ou para a ansiedade que din que "o xenérico non lle fai nada" e optan por pagar a marca, cando a diferenza pode ser de 20 euros. Outros, máis indignados, preguntan onde o poden denunciar.
Os colexios de farmacéuticos apuran o seu recurso
Un novo recurso, desta vez dos Colexios de Farmacéuticos, súmase á longa lista de formalizacións en contra do catálogo priorizado de medicamentos galego. Tras a iniciativa presentada, o 20 de xaneiro, pola Federación de Farmacias de Galicia (Fefga) ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en contra da lista por invadir competencias, crear desigualdades e provocar problemas de saúde. Despois do recurso de Farmaindustria que, cos mesmos argumentos, se formalizou o 31 de xaneiro; a decisión do Goberno central de levar o catálogo ao Tribunal Constitucional (TC), que se materializará en breve; e os manifestos de distribuidoras e fabricantes de xenéricos na mesma liña, os Colexios de Farmacéuticos da comunidade farán o propio antes de que finalice este mes.
Así o confirmou onte a presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Lugo, Ana Prieto, quen aclarou que o recurso se interpón "non contra a lei, senón contra o catalogo" debido "á inseguridade xurídica na que se deixa ás oficinas de farmacia de Galicia". Neste liña, Prieto manifestou que se trata dunha medida que "podendo ter xustificación económica, desde o punto de vista da administración en termos de aforro, non ten xustificación xurídica, xa que invade competencias estatais e rompe a igualdade de acceso dos cidadáns aos medicamentos financiados polo Estado".
"Non estamos en contra de medidas de aforro, nin de medidas que signifiquen unha sustentabilidade do sistema sanitario, senón que o facemos por inseguridade xurídica", insistiu. O desabastecemento de certos medicamentos, como consecuencia do catálogo, segue sendo "diario", advertiu Ana Prieto, quen concretou que a falta de provisión se liquida en "24 ou 48 horas" e, como no caso de onte, luns, o desabastecemento é de Melisocan, "o que non quere dicir que se cadra o haxa pola tarde", engadiu.
"Os laboratorios fabricantes dalgúns medicamentos non estaban dimensionados para abastecer toda a demanda que se lles xerou todo estes días. Están fabricando, pero non alcanzan a operatividade suficiente para abastecer a demanda que se xerou deste tipo de medicamentos", concluíu Prieto.
O ditame do TC dependerá da "afiliación dos maxistrados", opina o BNG
Populares e nacionalistas galegos cargaron onte contra o recurso presentado polo Goberno central pola suposta inconstitucionalidade do catálogo priorizado, e amosaron unha vez máis a súa oposición á decisión adoptada no Consello de Ministros de venres pasado. Con todo, os nacionalistas galegos introducen o matiz de que a Xunta ten que actuar e "non só queixarse".
Neste contexto, o voceiro do Grupo Popular, Manuel Ruiz Rivas, esixiulle ao Goberno central que "recapacite" e que "non prive" a Galicia do aforro que supón o catálogo.
Pola contra, os socialistas, a través do seu voceiro parlamentario, Abel Losada, censuraron que a Xunta invertera "a secuencia razoable e lóxica" a optar por poñer o catálogo en vigor e pedir, a posteriori, "diálogo e consenso". Ao seu xuízo, primeiro tiña que ser debatida no seo do Consello de Nacional de Saúde, polo que opina que "é unha forma peculiar de pedir consenso".
No entanto, o popular Ruiz Rivas criticou a "incoherencia" do Goberno central, que "tanto fala un día" de adoptar medidas de aforro como "anuncia ao seguinte" a presentación dun recurso "contra unha delas". Así, remarcou que o recurso "non ten outras motivacións que as políticas".
Neste contexto, o que esixe o Bloque é que a Xunta "actúe máis alá de operacións mediáticas", posto que, constatou, "se descoñece que tipo de presións" está a realizar para evitar que siga adiante este recurso. Aos socialistas, polo seu lado, esíxelles que definan "de que lado están", se coas industrias farmacéuticas, ou coa calidade do servizo. Baixo o punto de vista de Aymerich, posto que Galicia ten dedicación exclusiva en materia de sanidade, as delimitacións tamén deben pertencer ao ámbito da Comunidade. "Non ten sentido que quen negocie sexa o Goberno español e que os que paguen sexan as comunidades", ilustrou.
Sobre a evolución do recurso no Constitucional, Aymerich recordou a sentenza sobre o Estatut para concluír que "haberá que ver a afiliación" dos maxistrados que o analicen para adiviñar o seu final. Un ditame do TC pode ser "cara, cruz ou canto", reflexionou en canto a resolucións sobre as competencias das comunidades e o título VIII da Constitución -sobre a organización territorial do Estado-.

Ignacio Tortajada
"Tampouco se lle advirte á poboación de que aos xenéricos se lles permite unha variabilidade na dose e de que varían os excipientes que acompañan á molécula activa"

No hay comentarios:
Publicar un comentario