Deixo aquí o escrito.
Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos.
Servizo Galego de Saúde
Dende CIG-Saúde queremos comunicarlle a insostible situación que se está a dar no Hospital de Monforte cos contratos que se realizan ao persoal facultativo. A contratación precaria, tanto con contratos mes a mes como de gardas, non facilitan a estabilidade das e dos profesionais que son tan necesarios nese Hospital.
Nestes días ven de marcharse para outra comunidade autónoma un patólogo ao que se pretendía renovar contrato cada 15 días.
Agora mesmo a Xerencia do Hospital de Monforte mantén situacións como ás seguintes: unha anestesista á que se lle está facendo contrato mes a mes, unha radióloga que está tamén mes a mes, unha xinecóloga na mesma situación, outra xinecóloga nun contrato a media xornada, unha farmacéutica que está só para gardas, un traumatólogo só para gardas, un otorrino que está contratado mes a mes e está substituíndo a unha comisión de servizo e unha oftalmóloga tamén só para gardas (en ollos hai case un ano de lista de espera e ata hai pouco esta oftalmóloga estaba pasando consulta pero agora só ten contrato de gardas).
Dende CIG-Saúde consideramos que esta situación é inaceptable e reclamamos unha resposta inmediata desa Dirección de Recursos Humanos.
Un saúdo.
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2011.
Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario