13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





2 mar 2011

O hospital perde un patólogo, farto de encadear contratos dun mes

La Voz de Galicia

Un dos dous patólogos do hospital de Monforte decidiu marcharse a traballar a Segovia. Revelárono onte os portavoces de Comisións Obreiras neste centro sanitario, que aseguran que o médico quería quedar en Monforte, pero que ao fginal optou onte por irse, farto de encadear contratos temporais dun mes de duración e despois de que o luns, o último día do mes, representantes da dirección dixésenlle que estaban a pensar se renovarlle o contrato unha vez máis ou non.
Segundo a versión do sindicato, o mesmo luns a última hora confirmáronlle que podía seguir un mes máis, así que onte pola mañá foi ao hospital para asinar o novo contrato ao departamento de persoal. Para a súa sorpresa, alí dixéronlle que aínda non tiñan o contrato. «A desculpa foi que ao xerente esquecéraselle», especifican en CC.OO.
«Ante esta situación de inestabilidade -din os portavoces sindicais- decide aceptar unha oferta de traballo para un hospital de Segovia». En CC.OO aseguran que agora en Sanidade «xa teñen a desculpa coa que tantas veces queren convencer a cidadanía: que non atopan profesionais que queiran vir a este hospital.
A praza que ocupaba este patólogo é propiedade dun profesional que está fóra en comisión de servizos.
A dirección do centro, pola súa banda, asegura que a súa intención era seguir contando cos servizos deste médico.

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario