13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





3 mar 2011

Un plan piloto para o hospital, por favor (por Ramón Rodríguez Vázquez, membro de PLADESAPU)

La Voz de Galicia- TRIBUNA 3-3-2011



Prodúceme un cabreo monumental ler na mesma páxina deste xornal que a Consellería de Sanidade recupere para o ambulatorio do Incio o médico de garda polas tardes (chámano plan piloto: dícese da intención de pór en marcha algo) e non sexa capaz de contratar a tempo no hospital de Monforte a un médico patólogo para que non se marche a Segovia.
A isto chámano intención de seguir contando co especialista. Que sorte temos con este director, sempre ten boas intencións. Non fai moito tivo outra boa intención, non contratar á oculista, ¿acórdanse?
Teño unha lea monumental. O alcalde do Incio envía unha carta aos veciños contándolles que bos son el e o seu grupo político e que o logro se debe ao respaldo do presidente da Xunta. Aquí saímos todos á rúa en maio e é unha «manipulación noxenta» do alcalde e do BNG.
Aos monfortinos, polo que vexo, non nos queda outra saída que pornos a esperar como pedigüeños á porta dunha sala de mitins cando empece a campaña das próximas eleccións municipais: ¡Atención, si, aí vén o concelleiro e deputado, ese que atacaba tanto á Pataforma en Defensa dá Sanidade Pública de Monforte, o mesmo que dicía que o hospital comarcal se ía a reforzar, acompañando á candidata á alcaldía. Sacudide os volantes do médico, sorride algo, non esteades tan serios, veña, agora: un plan piloto para o noso hospital, por favooor. ¡Outra vez todos! Un plan piloto para o noso hospital, por favooor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario