13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





3 mar 2011

Lage pregunta polos salarios das "dúas okupas do Sergas"

O deputado socialista advirte a Pilar Farjas de que "está asumindo directamente a responsabilidade" da "situación fraudulenta" dos dous cargos sen nomeamento oficial que "non cumpren os requisitos" do grupo A, despois de que a titular de Sanidade asegurase que si se respecta a normativa

 

Galicia Hoxe


O voceiro da área institucional do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage, advertiu onte, mércores a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, de que "está asumindo directamente a responsabilidade" da situación "fraudulenta" na que se atopan dous altos cargos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) ó "intentar encubrir unha ilegalidade" coas súas declaracións.
Así lle replicou á titular de Sanidade, quen asegurou que o Sergas cumpre cos "criterios de nomeamento" despois de que Lage desvelase que a vicexerente do Sergas, María Eugenia Lado, e a subdirectora xeral de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial, Mercedes Carreras, están ocupando os seus cargos sen nomeamento oficial porque "non cumpren os requisitos" para accederen a estes postos por non ser funcionarias do grupo A.
"A conselleira está metida nunha boa lea", evidenciou o deputado do PSdeG, tendo en conta que concluíu que "Farjas saltou a legalidade por intereses inconfesables" que -ameazou- "verán a luz no Parlamento e poranlle colorido ao propio presidente da Xunta". "Terá que explicar os intereses que a moveron a ocupar dúas prazas de alta dirección saltando a legalidade", advertiu.
Dado que, na súa opinión, se trata dunha "situación insostible", Lage Tuñas instou a conselleira para "rectificar de inmediato" para "volver á legalidade", non sen antes interesarse por "como se paga" e "cal é a remuneración" destas "dúas "okupas" do cadro directivo do Sergas".
Ademais, á vista desta situación, o parlamentario barbancés recomendoulle ao mandatario autonómico que "mire un pouco máis" pola xestión sanitaria, xa que "a política de función pública neste ámbito está sendo desastrosa". "Non deixan de sucederse os escándalos un mes tras outro", salientou.
A reacción de Lage chega despois de que a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, asegurase que o Sergas cumpre cos "criterios de nomeamentos", ao tempo que recordou que o bipartito realizou 109 nomeamentos de "orde de servizo". Farjas defendeu onte as dúas persoas en cuestión, resaltando que son unha doutora en Farmacia e unha "excelente enfermeira".
Respecto diso, criticou que "o PSOE censure a capacidade dunha excelente enfermeira para realizar as tarefas de subdirectora", en referencia a Mercedes Carreras.
Finalmente, lamentou que o PSOE, que xa cuestionara a ética dos médicos aseverando que daban altas por 30 euros", neste caso, "cuestiona os profesionais de Enfermería do Sergas para realizar tarefas de subdirectora de calidade e de atención ós pacientes".

Case 590 destinos repartiranse entre os opositores sen praza
Os opositores que superaron os procesos selectivos para os subgrupos A1, A2 e E da Xunta -convocados por ordes dos anos 2007, 2008 e 2009, nalgúns casos- están citados mañá na sede a Escola Galega de Administración Pública (Egap), en Santiago de Compostela, para elixir destino. En total, son 587 as prazas que se ofertan, segundo publicaba onte o Diario Oficial de Galicia (DOG). A tardanza na resolución dos procesos selectivos -os do subgrupo E e algúns do A1 se correponden cunha orde de xullo de 2007- xerou nos últimos meses varias concentracións de protesta dos opositores, que chegaron a acudir ao Valedor do Pobo para denunciar a tardanza. Coa polémica aberta, Facenda comprometeuse a dotalos de destino definitivo en marzo e de efectuar as tomas de posesión en abril "a máis tardar". Mañá, a partir das nove da mañá, os aspirantes poderán acceder á súa praza.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario