13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





14 mar 2011

Farjas pide impresos só en castelán para unha campaña dun millón

Pilar Farjas, Conselleira de Sanidade, naceu en Teruel. Chegou a Galiza en 1992, cando o seu cónsuxe, profesor de Sociología, asumiu unha praza no campus de A Coruña. 
O Sergas volve encargar os anuncios de prevención do alcolismo en mozos que anulara tras facerlle un ‘feo’ ao Parlamento
 Xornal de Galicia
O Sergas vén de anunciar no Diario Oficial da Unión Europea que quere contratar unha campaña de publicidade para a prevención do alcolismo entre os menores de idade cun custo total dun millón de euros. Ata aquí todo entraría dentro da normalidade xa que, fronte a outras campañas propagandísticas da acción de goberno da Xunta, esta responde a unha das obrigas das Administracións públicas como é a de promover hábitos de vida saudables.
Porén, o que fai rechamante esta licitación é que a Consellería de Sanidade que dirixe Pilar Farjas quere que as ofertas que realicen as axencias de publicidade interesadas se presenten só en castelán e non en galego. Ademais, esta mesma campaña xa fora encargada con anterioridade e anulada, tras desvelar Xornal de Galicia que con ela o Executivo tentaba obviar posibles decisións do lexislativo, ao encargar a campaña antes da aprobación da lei.
O 3 de novembro do ano pasado, mentres o Parlamento debatía aínda a Lei de prevención do consumo de bebidas alcólicas en menores, o Sergas abriu un concurso para facer unha campaña de publicidade sobre a materia pola mesma cantidade que agora, un millón de euros.
A licitación antes de que a Cámara aprobase a lei correspondente a mediados de decembro era perfectamente legal, pero supuña un desplante do poder executivo –a Xunta– ao lexislativo –o Parlamento–, que non validou a norma marco sobre a materia ata mediados de decembro. Tras desvelar Xornal este feito o Sergas anulou a mediados de xaneiro o proceso.

SEN EXPLICACIÓNS
Este diario tentou entón e ao longo de dez días que a Xunta aclarase o motivo da anulación e o destino do millón de euros que xa non se gastarían sen que o Goberno galego dese ningunha explicación.
Agora o Sergas volve encargar a campaña publicitaria coas mesmas características: un millón de euros de gastos e dous meses para a emisión dos anuncios correspondentes a partir da adxudicación do proceso, para o que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 2 de maio.

SÓ EN CASTELÁN
Esas ofertas que se presenten antes do 2 de maio deberán estar redactadas en castelán. Así o indica a Xunta no apartado do Diario da Unión Europea no que se especifican as linguas “en que pode redactarse a oferta ou solicitude de participación” e no que únicamente se sinala a opción de “español”, sen abrir a porta ao galego, lingua propia de Galicia.
E iso malia que esta semana, o Goberno galego licitou a través de Turgalicia, dependente da Consellería de Cultura, un procedemento similar publicando igualmente o correspondente anuncio no mesmo Diario Oficial da UE e detallando que nese caso si se podían presentar as ofertas en español e galego.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario