Xornal de Galicia
Como xa acontecera a principios de 2010, a Consellería de Facenda publicou o 11-3-2011 no Diario Oficial de Galicia (DOG) as instrucións polas que o resto de departamentos da Xunta deben guiarse para elaborar “a memoria económico-financeira” á hora de presentar novas leis ou calquera outro tipo de plans. Entre esas instrucións, o departamento que dirixe Marta Fernández Currás sinala que todo proxecto do Goberno debe detallar as “posibilidades ou alternativas existentes para o seu financiamento”, entre elas, “de ser o caso, “os ingresos xerados” polo proxecto que se estea a tratar.
Horas máis tarde de ser publicada, esta orde chegaba á sesión de control parlamentario ao presidente da Xunta a través do secretario xeral do PSdeG, Manuel Pachi Vázquez, quen dixo que no “exemplo” que Facenda achega ás demais consellerías para especificar o financiamento das súas actuacións se inclúe como posible vía o “copagamento”. Isto é, que os servizos prestados, infraestruturas ou calquera actuación da Xunta sexan, en parte, financiados directamente polo cidadán. Na orde inclúese tamén o cobramento de “prezo privado”, é dicir a posibilidade de que a Administración autonómica cobre polas súas tarifas cantidades que lle permitan obter beneficios –un obxectivo que non perseguen as coñecidas como taxas ou prezos públicos–.
“Aparte de recortar dereitos a todos os galegos, explíqueme isto do copagamento”, esixiulle Vázquez, a Alberto Núñez Feijóo, a quen pediu que detalle se esta medida podería aplicarse “ao servizo sanitario, ás prestacións sociais, ás ambulancias” ou “ao transporte escolar”, entre outras posibilidades. “As preguntas parlamentarias son para darlle respostas á oposición”, enfatizou o líder dos socialistas”.
Fronte á cuestión formulada por Vázquez e mentres, na bancada do Goberno, varios conselleiros negaban xestualmente a alusión do socialista á instrución publicada no DOG, Feijóo resolveu cun “alá vostede” a resposta ao secretario xeral do PSdeG xa que o copagamento, di, foi “formulado polo señor [Antoni] Castells –ex conseller de Economía da Generalitat catalá–” e, na actualidade, quen “aumenta o copagamento” é o PSdeG “a todos os que mercamos medicamentos”, en referencia ao recurso do Goberno central contra o catálogo priorizado de medicamentos da Xunta. Non obstante, ao longo de toda a súa intervención, Feijóo non rexeitou a posibilidade de que o Goberno financie as súas actuacións pola vía do copagamento.
VER DOCUMENTO...

No hay comentarios:
Publicar un comentario