13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





15 abr 2011

Farjas atribúe o aforro en fármacos a que os médicos seguen o catálogo

Xornal de Galicia



A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, subliñou que “Galicia demostrou cos resultados de uso eficiente” –cun aforro medio diario de 370.000 euros no primeiro trimestre do ano– o “mantemento de aplicación dos criterios do catálogo”, malia estar suspendido polo Tribunal Constitucional (TC).
“Galicia demostrou cos resultados de uso eficiente que seguía mantendo os criterios do catálogo. Os profesionais e os galegos entenderon que é o momento de apostar pola sostenilidade do sistema, pola elección dos medicamentos de menor custo”, afirmou Farjas, en declaracións aos medios tras inaugurar unhas xornadas sosbre o sistema de protección social, organizadas por CC OO en Santiago.
Neste sentido, Farjas insistiu en que escoller un medicamento xenérico fronte ás marcas “é unha elección valente, que aposta pola sostenibilidad do sistema público” e recordou que a decisión de suspender o catálogo foi “unilateral do Goberno de España”.
Pola súa banda, o ex secretario xeral de CC OO José María Fidalgo afirmou que o catálogo impulsado pola Xunta era “a dirección na que hai que ir” e lamentou que “a esquerda” o rexeitase.
A pesar de que o TC aínda non se pronunciou sobre a cuestión, Sanidade gañou onte outro recurso no Alto Tribunal. O TC levantou a suspensión de varios artigos da Lei Ómnibus de Galicia polo que a colexiación volve ser obrigatoria para os profesionais médicos e demais traballadores de ciencias da saúde que exerza no servizo sanitario público galego.
Por outra parte, Farjas apostou por converter os hospitais en axentes de innovación, achegando un valor engadido e xerando unha contorna de riqueza durante a inauguración da I Xornada de Investigación Biosanitaria organizada polo Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Destacou que nos últimos anos os hospitais pasaron de ser provedores de servizos a desenvolver actividades de docencia e investigación. A estes labores engadiu un cuarto reto: ser axentes de innovación.

 TAMÉN PODE CONTRBUIR O FEITO QUE OS MÉDICOS DO SERGAS NON PODEN RECEITAR OS MEDICAMENTOS SUPRIMIDOS DO CATÓLOGO PORQUE O PROGRAMA INFORMÁTICO NON LLES DA OPCIÓN A RECETALOS...

No hay comentarios:

Publicar un comentario