13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





15 abr 2011

A sanidade, estancada

Os galegos son os que peor nota lle dan ao sistema asistencial

As listas de espera, o que máis molesta, seguen na picota: o 60% cre que continúan igual que hai un ano 

 

Galicia Hoxe


En pleno debate sobre a sustentabilidade futura do sistema público de sanidade, os galegos seguen sen valorar avances na atención que reciben do Servizo Galego de Saúde (Sergas): de todo o Estado, son os que peor cualifican o servizo. Ponlle, en concreto, un 6,10 de nota, moi preto dos seguintes na lista, Canarias, cun 6,04 sobre dez.
Así o conclúe o último Barómetro Sanitario do ministerio que dirixe Leire Pajín, segundo o cal os cidadáns de Asturias, Aragón, Navarra e Castela e León, son os máis satisfeitos coa súa sanidade pública.
Segundo os resultados das 7.600 enquisas realizadas entre marzo e novembro de 2010, o 75 por cento da poboación está satisfeita co funcionamento do sistema sanitario público, ao que lle dan unha cualificación media dun 6,5 sobre dez.
A nota media máis alta atópase en Asturias, cun 7,71 sobre dez, e ata un 14 por cento dos enquisados no principado dábanlle un 10. A Asturias séguenlle Aragón (7,2), Navarra (7,06) e Castela e León (7,01).
Na enquisa preguntóuselles tamén ós cidadáns se, en función da súa percepción da sanidade pública, optarían pola sanidade privada en caso de enfermidade grave.
Un de cada catro opta pola privada en doenzas graves
Neste caso, e aínda que máis da metade de todos os enquisados (58%) optaría pola sanidade pública, nalgunhas comunidades a opción da privada cobra máis forza cando se lles pregunta por enfermidades graves, sendo Cataluña (39,1%) e Canarias onde máis cidadáns acudirían á privada nestes casos. Pola contra, en Aragón e País Vasco ata un 66 e 69 por cento respectivamente decantaríanse pola pública. En Galicia, optan pola privada o 25%. Entre os principais problemas que perciben no sistema sanitario, o das listas de espera segue centrando a maioría das respostas, considerando a metade dos enquisados no Estado que non melloraron no último ano, unha porcentaxe que na nosa comunidade se eleva ao 62%.
Preocúpalles aos pacientes, xa que logo, aquilo que máis de preto lles toca. No entanto, semella durmida a forte polémica que espertou a aplicación do catálogo priorizado de medicamentos, aquel polo que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) financia os fármacos de menor prezo, maioritariamente xenéricos. Apazugada está a polémica desde que o Tribunal Constitucional decidiu admitir a trámite o recurso presentado polo Goberno estatal en contra a iniciativa galega, que se mantén en suspensión provisional desde o día catro de marzo.
Con todo, e malia esa freada á obrigada prescrición de medicamentos "sen marca", a taxa de receitas de xenéricos mantívose o mes pasado no 30%, unha media que supera a estatal e que, con todo, rebaixa en décimas a acadada en febreiro, do 30,6 por cento. Apuntouno onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que, tras a reunión semanal do Consello, informou de que o aforro medio diario en gasto farmacéutico ascendeu a 370.000 euros no primeiro trimestre do ano, o que supón un total de 29 millóns de euros. Cifras que Feijóo relacionou co compromiso dos profesionais sanitarios galegos en prol dunha prescrición racional.
O máximo mandatario autonómico destacou que, a partir do 17 de xaneiro e no mes de febreiro, o gasto en financiamento de medicamentos reduciuse máis do 11%, porcentaxe que alcanzou o 13,6% en marzo, descendendo en 11,5 millóns en relación ao mesmo mes do ano anterior. Respecto da factura farmacéutica de marzo, foi de 73 millóns fronte aos 84,4 millóns do mesmo mes no anterior exercicio. A taxa de xenéricos, no entanto, foi do 27% en xaneiro, subiu ao 30,6% e en marzo quedou no 30 por cento, cifra que comparou co 34 por cento de países como Austria.
Pola súa banda, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, estimou que as cifras demostran o "mantemento de aplicación dos criterios do catálogo", malia estar suspendido. "Os profesionais e galegos entenderon que é o momento de apostar pola sustentabilidade do sistema", aplaudiu a conselleira galega.
Fidalgo avoga por camiñar na liña da lista priorizada
Sobre o catálogo tamén se pronunciou o ex secretario xeral de Comisións Obreiras (CC.OO.) José María Fidalgo, quen asegurou onte "é a dirección na que hai que ir" e lamentou que o rexeitase "a esquerda".
Entre outras medidas avogou por o establecer un "bo catálogo de prestacións" para todos os españois con independencia do seu lugar de residencia; e defender a sustentabilidade do sistema "preguntándose se os motores que máis incrementan o gasto no sistema -farmacia e biomedicina- son os que van gobernar o gasto no sistema".

O TC recupera a Lei omnibus: os médicos deben colexiarse
O Tribunal Constitucional (TC) levantou a suspensión de varios artigos da Lei omnibus de Galicia polo que a colexiación volve ser obrigatoria para os profesionais médicos e demais traballadores de ciencias da saúde que exerzan no servizo sanitario público galego. "Esta mañá recibimos a notificación do auto do Tribunal Constitucional no que comunica o levantamento da suspensión da lei", manifestou a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, á vez que recordou que a Xunta "defendeu a necesidade da colexiación obrigatoria no ámbito de traballo das especialidades médicas e das profesións sanitarias". Farjas incidiu en que é unha decisión "que levou a clarificar na Lei omnibus a actual lei de colexiación de Galicia" e subliñou que é unha medida contra a "que recorreu o Goberno de España", que presentou recurso no TC e solicitou a suspensión de determinados artigos. O TC suspendera a obrigación imposta pola Xunta de que todos os médicos tivesen que pertencer a un colexio profesional para exercer na comunidade debido á admisión a trámite dun recurso de inconstitucionalidade presentado en novembro polo Goberno central contra a decisión aprobada en febreiro de 2010. O novo auto argumenta que as diverxencias normativas non son causa de suspensión, pois son unha consecuencia inherente a toda situación de pendencia dun recurso de inconstitucionalidade e consubstanciais.

O dinamismo investigador do Clínico
O "dinamismo" investigador do CHUS con 47 axudas de conco­rrencia competitiva, 103 ensaios clínicos e 298 publicacións cun impacto acumulado de 1.100 puntos, así como a solicitude de catro patentes ó longo do ano pasado foron postos como exemplo pola conselleira Farjas, no acto de inauguración da I Xornada de Investigación Biosanitaria, orga­nizada polo complexo hospita­lario compostelán. Na imaxe, Pilar Farjas, á dereita, acompañada pola xerente do Clínico, Rosa Bermejo.

15.000 pacientes toman 15 ou máis fármacos ao día
O Consello da Xunta aprobou onte un programa de mellora da calidade na atención sanitaria aos pacientes crónicos e polimedicados, tras constatar que, na actualidade, existen en Galicia ao redor de 15.000 persoas que toman polo menos 15 medicamentos diarios e 110.000 que toman máis de seis ao día. Neste contexto, Alberto Núñez Feijóo, explicou que o obxectivo desta iniciativa é "o asesoramento" sobre o uso de fármacos e a axeitada colaboración entre os profesionais sanitarios que están a receitar distintos fármacos. Feijóo constatou que "un dos problemas máis importantes" é a "falta de adherencia" a un tratamento cando se superan os seis fármacos diarios e o cumprimento terapéutico deste tipo de pacientes cae entre un 30 e un 50%. Tamén destacou que a polimedicación se asocia a "un maior número de hospitalizacións, fracturas e, o máis grave, de mortalidade".

No hay comentarios:

Publicar un comentario