13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





8 abr 2011

Farjas quintuplica o custo de 18 centros ao empregar fondos privados

O DOUE recolle o anuncio da construción por 233 millóns, cando Sanidade afirmou que a inversión para 19 ambulatorios era de 47 millóns de euros


Xornal de Galicia


Os 18 ambulatorios que a Consellería de Sanidade tiña previsto construír en 2010 suporán un gasto para a Administración galega que multiplica por cinco o custo da construción. Segundo publicaba onte o Diario da Unión Europea (DOUE) –tras un anuncio da Xunta do pasado luns– estas infraestruturas contarán cun importe de licitación duns 233 millóns de euros. Esta contía suporía un incremento do 490% sobre a inversión de 47,5 millóns de euros que o director xeral de Recursos Económicos do Sergas, Pablo Torres Arrojo, prevía para a creación de 19 centros; un máis dos incluídos finalmente na futura concesión.
O modelo de financiamento privado polo que opta a Xunta para a construción destes ambulatorios é similar ao empregado nos novos hospitais de Pontevedra e Vigo. Neste sentido, o sistema suporía que a construtora adxudicataria deste contrato se encargara de edificar os centros de saúde con fondos da propia empresa. Segundo os datos do director xeral de Recursos Económicos, cada ambulatorio suporía unha inversión duns 2,5 millóns de euros, como custo real da infraestrutura. A partir de aí, unha vez que o Sergas poida poñer en funcionamento os centros, sería cando comezaría a pagar un canon duns 11,6 millóns de euros anuais durante vinte anos.
Segundo o anuncio previo publicado onte no DOUE, esta concesión –que aínda tería que ser aprobada polo Consello da Xunta– suporía un gasto de 12,94 millóns de euros por cada ambulatorio, é dicir, multiplica por cinco o custo que supón construíla. O anuncio deixa claro, ademais, que terá que ser a mesma empresa a que se encargue de todos os ambulatorios.
O texto remitido pola Consellería de Sanidade explica que a cambio dos 233 millóns ofertados polo Sergas, a empresa que se adxudique a construción dos 18 ambulatorios terá que encargarse non só da edificación, senón tamén da conservación do inmoble durante os 20 anos que dure o contrato. Así mesmo, a empresa tamén terá dereito á explotación dos servizos non sanitarios. Baixo esta premisa, a Xunta deixa a porta aberta á creación de espazos destinados a negocios nos propios ambulatorios, xestionados pola construtora.

A CIG insta á Xunta a garantir ratios en Povisa para atender a 135.000 persoas



No hay comentarios:

Publicar un comentario