13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





5 abr 2011

Nace a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza:

O pasado 31 de Marzo de 2011, constituíuse en Artes, Riveira a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca da Barbanza, estando ésta integrada por diversas asociacións da comarca, sindicatos, usuarios e veciños, estando aberta de forma permanente a novas incorporacións.
A Plataforma nace co obxetivo de manter a Sanidade da comarca coma pública e loitar contra as ideas privatizadoras, como está ocurrindo neste intre, cando a consellería fala da privatización do servicio de Diálise do Hospital Comarcal da Barbanza.
Dende a plataforma queremos deixar claro que queremos que veñan os doentes da nosa comarca ó  noso centro e sexan atendidos coma ata o de agora, cunha sanidade pública que lles está asegurando unha calidade  no trato e  na atención e non através dunha empresa privada,  na que problamente se reduciría o número de persoal que os vai a atender, como xa ocurre nalgún outro centro.
Noutros centros a empresa privada que asume a Diálisis traballa en condicións inferiores, tanto en persoal de enfermería, como auxiliares de enfermería e carece de Nefrólogo de presencia, que so vería ós doentes unha vez cada 15 días,  co consecuente deterioro da asistencia prestada, como esta sucedendo no Hospital de Verín, Ourense onde esta fundación privada xa asume o servizo de Diálise
O portavoz da plataforma é un paciente-usuario do servicio de diálise, que manifesta " estar moi preocupado por este intento de privatizacion do servizo, no que leva acudindo xa varios anos e se encontra moi a gusto e ben tratado coma doente"
Integrantes da Plataforma:
  • ANPA o Portal de Caamaño
  • Asociación cultural Altofalante de Riveira.
  • Asociación veciñal, cultural e prestadora de servizos a mocidade de Abesadas e Cubeliños.
  • Asociación Antidroga Renacer.
  • Asociación cultural e de veciños Fontenova de Santiago de Lampón, Escarabote-Boiro.
  • Asociación de veciños de Abanqueiro, Boiro.
  • Asociación de veciños San Roque de Pobra.
  • Comunidade de Montes de Caamaño. Porto do Son.
  • BNG
  • Esquerda Unida.
  • IPDR., Partido Independentes por Riveira.
  • PSOE-PSdG.
  • Sindicato FSC-CCOO.
  • Sindicato UGT.
  • Sindicato CIG
  • Sindicato CUT, Colectivo Unificado de Traballadores.
  • Sindicato SAE, Auxiliares e Técnicos de Enfermería.
  • Comité de Empresa Hospital da Barbanza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario