13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





13 abr 2011

O PSdeG denuncia que o hospital lugués aínda non ten radioterapia

A oposición recorda que Feijóo prometera licitar este servizo, medicina nuclear e hemodinámica no primeiro trimestre deste ano


Xornal de Galicia




“Tres mil persoas desprázanse ao ano desde Lugo ata A Coruña para recibir tratamento ou realizar probas diagnósticas”, explican os socialistas galegos. Destas, unhas mil acoden a recibir radioterapia, denuncian os socialistas galegos que recordan que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, incumpre a promesa de licitar este servizo xunto cos de hemodinámica e medicina nuclear no primeiro trimestre de 2011.
Os pacientes que reciben estas sesións de radioterapia, son doentes de cancro que de media precisan unhas 20 ou 30 doses deste tratamento, que segundo explican os socialistas, realízanse en moitos casos as “doce, unha ou dúas da madrugada”. O que supón recorrer uns cen quilómetros de ida e outros tantos de volta de noite, sen servizo de ambulancias e coa única compensación dunha axuda de 0,19 euros por quilómetros realizado.
Nesta liña, a socialista Concepción Burgo e o nacionalista Fernando Blanco recordaron que a pesar das promesas do presidente da Xunta durante a inauguración do centro e da conselleira de Sanidade, que afirmou que o próximo xuño estes servizos estarían en funcionamento, os aparatos necesarios para o seu funcionamento seguen a estar sen licitar.
Pola súa banda, desde o Partido Popular, o deputado Miguel Santalices apelou ao alto custo das dotacións tecnolóxica, para contratar estes servizos. Despois de recordar que o hospital Lucus Augusti é unha infraestrutura pensada polo Goberno de Manuel Fraga e rematada tamén polo PP, obviando a etapa socialista.
Así, o deputado popular sinalou que a Xunta adquirirá o equipamento necesario para poñer en marcha estes servizos a través dun “diálogo competitivo”, un tipo de contrato polo que o Executivo negocia directamente coas empresas interesadas o prezo dos aparatos a mercar.
Neste sentido, Santalices afirmou que a Xunta investirá un total de 41 millóns de euros para mercar sete TAC, oito mimógrafos, corenta equipos de radioloxía e cinco de hemodinámica, entre outros. Non obstante, o deputado non fixou o prazo de entrega deste equipamento, aínda que aventurou que en 2011 “podería estar a hemodinámica”. Tal como explicara a oposición, o deputado popular recoñeceu que a Xunta aínda non ten a autorización da Sociedade Nacional de Medicina Nuclear para a posta en funcionamento destes servizos, que podería ter solicitado antes de mercar os equipos.
Ante todas esta explicacións, Concepción Burgo recordou que nos seis anos o Goberno de Manuel Fraga non foi quen de iniciar as obras do Lucus Augusti ao tempo que razoaba que as palabras de Miguel Santalices evidenciaban que o Goberno da Xunta aínda non iniciou o proceso de licitación para levar estes tres servizos á provincia lucense.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario