13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





9 ago 2011

Declaración da Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública polos cambios das áreas sanitarias en Galiza

A Lei Xeral de Sanidade (LGS) estableceu un modelo sanitario descentralizado, que transfería ás Comunidades Autónomas a responsabilidade da ordenación, a xestión e a prestación dos servizos. Estas á súa vez deberían transferir ás Áreas Sanitarias a xestión dos servizos e actividades, para garantir a proximidade aos problemas e necesidades de saúde e facilitar a participación social nas actuacións do sistema sanitario.

As Áreas Sanitarias son as responsables da xestión dos centros sanitarios e das actividades e programas sanitarios. (capítulo III, art,56 ap 2).

Deberán ter órganos de dirección, xestión e participación (art, 57). No seu territorio os hospitais deberán desenvolver as súas actividades complementariamente coas actividades da Rede de Atención Primaria.

Coa creación a creación das Estruturas de Xestión Integrada das Áreas Sanitarias e a eliminación das áreas de Monforte, Salnes,  Barbanza e Valdeorras , a Consellería de Sanidade pon en evidencia o tipo de política sanitaria que pretende aplicar en Galicia, contraria ao establecido pola LGS e que está dirixida a :

1.- Evitar o control da súa xestión xa que publicou estes decretos que alteran as estruturas das áreas sanitaria, nos meses de xullo de agosto, cando a maioría dos traballadores sanitarios e cidadáns gozan das súas vacacións, coa intención de evitar o seu coñecemento e calquera resposta social ou sindical.

2.- Desmantelar de xeito progresivo as áreas sanitarias que foron creadas para planificar, distribuír e xestionar os recursos sanitarios en función das necesidades de saúde de cada territorio contando coa participación cidadá e profesional. Estas estruturas supón un estorbo para introducir o mercado e a competencia na sanidade. Preténdese así trasladar a Galicia a política privatizadora posta en práctica polo PP en Madrid onde eliminou as 11 áreas sanitarias da CCAA, coa finalidade de ampliar o espazo de negocio das multinacionais sanitarias que se fixeron cunha parte importante dos recursos sanitarios a través da colaboración público privada e as PFI (como en Galicia)

A ausencia de órganos de participación social na estruturas de xestión e o peche das áreas sanitarias de Monforte, O Salnés ou Barbanza, suporán que estas perderán a capacidade para planificar e defender os intereses sanitarios da súa poboación

A desaparición da Atención Primaria dos órganos de xestión destas estruturas, suporá a súa laminación definitiva dado o seu escaso peso dentro do sistema. A xestión da AP quedará subordinada aos grandes hospitais, a pesar de que debería ser o eixo do Sistema Sanitario segundo a Lei Xeral de Sanidade e a Lexislación Sanitaria Galega. 


Manuel Martin García
Portavoz Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario