13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





25 jun 2012

VOSTEDE NON SE PREOCUPE (por Ramón Rodríguez)


Creo que foi ao rematar o programa radiofónico semanal que elabora un partido político de Monforte cando oín unha melodía. Era a banda sonora da película "La vida es bella" de Roberto Benigni. O esforzo dun pai para que o seu fillo tome o seu estanza nun campo de concentración nazi como un xogo para gañar un tanque novo.
Recordo especialmente a escena do soldado alemán con casco, ancha e cadrada mandíbula, que explica as regras do campo mentres que Roberto fai de intérprete. En vez de traducir fielmente, opta por dicir o que lle parece para enganar ao seu fillo.

Se traio a escena ao século XXI. O soldado alemán é o goberno ou a consellería, Roberto é un xerente, concelleiro ou deputado e Josué, o seu fillo, somos todos nós. O soldado: "unidaden de cuidaden intensiven, nien". Roberto: "trátase dun reto complementario para ou hospital. Esperamos aumentar ás dotacións nun futuro". Soldado cos polgares no cinto: "listen de esperen grandionen". Roberto:"la listas de espera son correctas e transparentes. En momentos determinados pode haber problemas. O mellor é que se presente a correspondente reclamación".
Soldado: "Autopsien, kaputt,". Roberto: que se deriven a Lugo é un feito puntual, funcionan en Monforte dende o 14 de maio de 2010". Soldado: "mamógrafen 2011, kaputt". Roberto: "ten arranxo, pero compraremos un".

No hay comentarios:

Publicar un comentario