13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





21 nov 2010

Miles de persoas maniféstanse en Santiago en defensa da sanidade pública

Esixen que se dea «marcha atrás» na política privatizadora da sanidade galega.

Miles de persoas procedentes de toda Galicia se manifestaron hoxe polas rúas de Compostela en defensa da sanidade pública, encabezados pola Plataforma SOS Sanidade Pública e os líderes políticos de PSdeG e BNG, e dos sindicatos CCOO, UGT e CIG.


A organización informou a Efe de que os seus cálculos de participación roldan as 25.000 persoas, que partiron ás 12:00 horas da Alameda e percorreron as rúas da Senra e Doutor Teixeiro, entre outras, pasaron pola praza de Galicia e acabaron na Quintana, que case non puido acoller a todos os manifestantes que seguían chegando unha hora e media despois do inicio.

Fontes da Policía local explicaron a Efe que na saída das cabeceiras na Alameda había máis de dúas mil persoas, aínda que ao termo da convocatoria non ofreceron unha cifra aproximada.
Os manifestantes portaron pancartas cos lemas «A saúde non é un negocio» ou «A privatización prexudica a saúde» e corearon cánticos amenizados por gaiteiros ao ritmo de «sanidade pública gratuíta», «Feijóo atende Vigo non se vende», «a sanidade é de todos» ou «a privatización é corrupción».
Tras as cabeceiras situáronse os líderes dos partidos políticos, parlamentarios, alcaldes e sindicalistas, representantes de colectivos médicos e de enfermería, entre outros.

Ao comezo da marcha, o portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, explicou aos xornalistas que o sistema sanitario público galego está en «serio perigo de privatización» cun descenso «brutal» do gasto en sanidade e a posibilidade de que o sistema «entre en quebra», alertou.
Así mesmo, o secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, expresou a súa «inmensa preocupación» por «como o Goberno galego está a desmantelar unha das principais columnas do sistema de benestar» polo «ataque frontal coa privatización da sanidade».
Defendeu unha sanidade «pública, universal e gratuíta», recordou que Galicia está «á cola no aforro do gasto farmacéutico» e esixiu á Xunta de Alberto Núñez Feijóo que «deixe de converter ese goberno en inimigo público número un da sanidade pública».
Tamén o líder do BNG, Guillerme Vázquez, quixo dicir ao comezo da manifestación «alto e claro» que «'si' á sanidade pública e 'non' á política privatizadora do PP».
«Esa política debe ser freada en seco porque se non as consecuencias serán irreversibles», advertiu Vázquez, para quen a política da Xunta «o único que supón é un malgasto de fondos públicos».
Nesta liña expresáronse os convocantes nun escenario instalado na Quintana, onde participaron representantes de plataformas sanitarias de diversos puntos de Galicia para reivindicar unha sanidade pública e máis medios para os seus hospitais e centros de saúde.
Destacadas personalidades da cultura galega asistiron á Quintana, como o escritor Manolo Rivas, onde a actriz Patricia Vázquez, condutora do acto e da lectura dun manifesto, deu paso aos distintos colectivos para que interviñesen ante os asistentes á manifestación, que concluíu case ás 14:00 horas cunha canción reivindicativa a modo de copla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario