13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





21 nov 2010

"Non, non, non á privatización"

Ducias de miles de persoas, 40.000 segundo a organización, protestaron hoxe contra a entrada de capital privado na sanidade galega. "Estamos orgullosos da nosa sanidade pública, non á privatización" era o lema da faixa principal da protesta, que logrou encher a Praza da Quintana de Santiago baixo unha importante choiva.
Santiago repetiu esta mañá o éxito da mobilización de hai uns meses en Vigo. "O público é servizo, o privado é beneficio" e "non, non á privatización" foron os principais berros das miles de persoas que hoxe se concentraron na capital galega convocados pola plataforma SOS Sanidade Pública para esixirlle á Xunta que dea "marcha atrás" na súa política privatizadora da sanidade galega. Os manifestantes pediron incluso a demisión da conselleira Pilar Farjas.

Á marcha sumaronse os líderes de PSdeG e BNG que criticaron ao Goberno galego por esta decisión. Así, tanto Pachi Vázquez coma Guillerme Vázquez, coincidiron na necesidade de "pararlle os pes" e de "frenar en seco" esta política que supón un "malgasto" de diñeiro público e un "desmantelamento" de servizos esenciais.





No hay comentarios:

Publicar un comentario