13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





14 dic 2010

Fronte ás privatizacións

"Pachi" Vázquez propón un pacto cos sindicatos para "racionalizar" Educación e Sanidade e introducir controis de produtividade nos servizos básicos públicos.

 

Con menor vehemencia da que adoita empregar nos seus enfrontamentos co pre­sidente Feijóo, o secretario xeral do PSdeG, Manuel "Pachi" Vázquez, volveu de­fender o carácter público dos servizos básicos ó que engadiu unha proposta de acordo cos sindi­catos para introducir "con­trois de produtividade" en Sanidade e en Educación.
No repaso a unha axen­da social que identificou co­mo marcada polo emprego e a economía, Vázquez expresouse a favor de raciona­lizar tamén a Adminis­tración local "sen restarlle competencias" e "con cus­to cero". O adelgazamento das estruturas adminis­trativas é para o secreta­rio do PSdeG unha cuestión que "segue pendente" e que se pon de actualidade can­do se acaban os tempos de bonanza. O recordo dos 312 concellos que re­cibiu Fraga convertidos en 315 cando abandonou a Xunta foi o exemplo ó que recorreu para ilustrar unha tendencia expansiva da que el mesmo se recoñeceu culpable do "erro" á hora de compor a mara­ña de estruturas adminis­trativas.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario