13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





22 dic 2010

O catálogo sae adiante

Os socialistas rexeitaron subirse ao carro do listado priorizado de medicamentos, que foi onte aprobado cos votos a favor de populares e nacionalistas.

Un total de 49 votos do PPdeG e do BNG déronlle luz verde á proposta de lei pola que se creará un catálogo priorizado de medicamentos na Comunidade galega. Os socialistas, que se abstiveron na votación do informe do relatorio na comisión parlamentaria anterior, decantáronse polo “non” a esta iniciativa lexislativa e manteñen as súas dúbidas sobre as “competencias” de Galicia para impulsar normativa, tal e como explicou o seu representante no debate, Modesto Pose.
 No debate último desta proposición lexislativa, a iniciativa do Grupo Parlamentario do PPdeG a través do seu deputado Miguel Santalices, tomou a palabra a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, quen proclamou que este martes Galicia deu “un paso firme para salvar” o futuro do sistema sanitario e defendeu as “competencias” do seu departamento para aplicar a lexislación.

O Bloque critica que Farjas se quixo apropiar da iniciativa
Pola súa banda, a voceira nacionalista en materia de Sanidade, Ana Luísa Bouza, censurou os intentos que, ó seu xuízo, fixo a conselleira de “apropiarse” da iniciativa, que naceu na Cámara autonómica, e advertiulle, pese ó ton cordial da súa intervención, de que o seu voto favorable “non é un cheque en branco”. Así, facendo honra ós premios xornalísticos outorgados ós parlamentarios onte, aseguroulle que o BNG será o “látigo” do Goberno para que se cumpra esta normativa.
 Se no último debate en comisión parlamentaria Pose daba por feito que “alguén” recorrería esta normativa, que considera unha “deslealdade” ó Consello Interterritorial de Saúde, onte lamentou que Galicia “non ten que andar discutindo ningún Tribunal Constitucional, pero si ten competencias para mellorar a prescrición médica”.
 De feito, trouxo a colación un dos puntos de inflexión no debate desta proposición lexislativa, un acordo unánime da Cámara por mor dunha iniciativa de impulso, promovida polos socialistas, e que pretendía darlle un empuxón á prescrición por principio activo. Para Modesto Pose, nesta iniciativa residía o “consenso” dos grupos, pero Santalices recordoulle que a esa proposta déuselle un “cepillado” ó cambiar a palabra “instaurar” a prescrición por principio activo, pola de “impulsar” ese mesmo obxectivo.
 Outro dos acordos importantes logrados, neste caso, por populares e nacionalistas refírese ó deber da Xunta de regular a visita médica, xa que a través da emenda impulsada polo BNG, agora impedirase “interromper o traballo normal dos centros de saúde”. Respecto diso, o deputado do PP recordou que a consellería xa traballa no regulamento.
 Así as cousas, o texto lexislativo viu luz verde tras introducir 24 emendas na súa tramitación tras “mellorar moito”, como ata recoñeceu Modesto Pose, e tras cambiar o PPdeG aspectos como substituír o obxecto da lei explicando que o propósito da iniciativa é a “implantación dun catálogo priorizado de produtos farmacéuticos”, suprimindo o artigo referido a “crear, a partir do Nomenclátor do Sistema Nacional de Saúde, o catálogo de produtos farmacéuticos da Comunidade Autónoma de Galicia” e incluíndo a expresión “respectando” a listaxe oficial do ministerio.

O Bloque destaca a súa “postura de país”
Nas distintas intervencións dos grupos, a nacionalista Ana Luísa Bouza subliñou que esta proposta “terá efectos inmediatos” nun momento de “recortes sanitarios”. Ademais, defendeu a “postura de país” adoptada polo BNG neste proceso e lamentou que os socialistas non se sumasen finalmente ó consenso e, inclusive, que a súa abstención en relatorio non permitise un acordo final.  O parlamentario socialista Modesto Pose, polo seu lado, quixo tranquilizar ó BNG porque observa neles un apoio “coherente” desde o punto de vista das súas teses políticas nacionalistas, pero mantivo que “entra en contradición” co PP, que falou “tantas veces de que España se rompeu”. “Somos nacionalistas, pero o noso voto defínese pola súa utilidade”, aclaroulle Bouza. 


O DATO

“Non é un pulso ó Ministerio”
O voceiro de Sanidade do PPdeG, Miguel Santalices, advertiu de que esta lei “non é un pulso ó ministerio” de Leire Pajín, sobre cuxo nomeamento insistiu en que é un “erro monumental”, e asegurou que se trata dunha iniciativa de “sustentabilidade do sistema”.

AS FRASES

Modesto Pose
“No PSdeG seguimos dubidando das competencias de Galicia para impulsar esta medida. O verdadeiro consenso residía na prescrición por principio activo”
Ana Luisa Bouza
“Terá efectos inmediatos nun momento de recortes sanitarios. Non obstante, o ‘si’ do BNG non é un cheque en branco.  Seremos o látego do Goberno para que cumpra”

No hay comentarios:

Publicar un comentario