13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





22 ene 2011

NOTA DE PRENSA DE CIG-SAUDE DE MONFORTE

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN CON ROGO DE PUBLICACIÓN
  A sección sindical de C.I.G.-saúde do hospital comarcal de Monforte quere sair ao paso  das derradeiras declaracións aparecidas na prensa por parte do director xerente .
 Non sabemos como pode ter a desfachatez de decir que as listas de espera baixaron e atreverse a dar esas cifras.
 Non di a verdade cando da as cifras dos días de espera para ciruxía.Esta é a realidade:
       Estatísticas oficiais(días de espera)                         A realidade
           Uroloxía-58 días                                                  180 días
           Ciruxía Xeral-68 días                                           190 días
           Traumatoloxía-70 días                                         195 días
           Xinecoloxía-48 días                                               52 días

Esto é o que hai,non o que nos quere vender o noso xerente.En canto ás consultas non hai nada de verdade no que di.E tan fácil de comprobar como pasar polas consultas e preguntarlle aos doentes canto tempo fai que pediron a cita.Hoxe por exemplo pasamos pola de ollos e estaban consultando a xente que pedíu cita hai oito meses,é dicir en maio do ano pasado e el di que a lista de espera está en 51 días.Esto recordame moito a un conto no que a un neno lle medraba o nariz cando mentía.Supoñemos que despois disto o perfil do xerente vai cambiar.
 Como xa denunciamos noutras ocasións seguense a maquillar as listas de espera acumulando os volantes sen dar cita e pechando axendas.Tamén segue habendo listas B,nas que si te chaman para operarte nun concertado e dis que non sacante da lista.
 En canto a que somos o mellor hospital de Galicia non o cre nin él.E o de darlle as grazas ao persoal non é necesariio porque estamos a facer o noso traballo como sempre fixemos.O que tiña que facer era aumentar plantilla para que non estivese sobrecargada de traballo.E contratar especialistas que seguen a faltar e non facer contratos lixo para que non marchen a outros centros onde lles ofrecen mellores condicións de traballo.




La Voz de Galicia:

La CIG dice que las listas de espera reales triplican las oficiales en algunas secciones

      

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario