13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





22 ene 2011

O catálogo de Farjas choca coa Constitución e outras dúas leis

Xornal.com

A listaxe priorizada de medicamentos choca coa Carta Magna, a lei de cohesión e calidade do Sistema de Saúde e a de uso racional de fármacos


O catálogo priorizado de medicamentos posto en marcha en Galicia pola conselleira Pilar Farjas pode arrastrar tras de si graves prexuízos para o mercado interior do medicamento. Así o denuncian tanto a patronal farmacéutica, Farmaindustria, como diversas fontes expertas consultadas por Xornal de Galicia. En España, o mercado do medicamento está fortemente intervido co principal obxecto de garantir o dereito de protección á saúde que teñen os cidadáns segundo a Constitución. É precisamente por este motivo polo que o Goberno central defende que debe ser desde Madrid desde onde se apliquen unhas normas comúns para todas as autonomías que fagan posible que todos os cidadáns dispoñan do mesmo acceso ás mesmas prestacións.
O Ministerio de Sanidade de Leire Pajín entende que catálogo priorizado de Farjas invade competencias estatais. O certo é que se finalmente a listaxe de fármacos da Xunta segue adiante e en Galicia subvenciónanse menos medicamentos que no resto do Estado, poderíase estar a romper o principio de equidade no acceso dos cidadáns ás mesmas prestacións farmacéuticas. Así, fontes expertas explicaron a este xornal que de admitirse que as comunidades regulen, segundo os seus criterios, o número de medicamentos suxeitos a financiamento, estar a pór en perigo “o principio de liberdade de empresa no marco da economía de mercado”, un principio que se atopa recollido no artigo 38 da Constitución, texto en cuxa defensa se amparou o propio Núñez Feijóo para frear unha reforma estatutaria para a comunidade galega no ano 2008.
Igualmente, a Constitución establece no seu artigo 149.1.16 que o Estado “ten competencia absoluta sobre sanidade exterior, bases e coordinación xeral da sanidade, así como a lexislación sobre produtos farmacéuticos”.
Facendo un repaso ás leis que rexen a sanidade estatal, o catálogo da Xunta chocaría con, polo menos, tres normativas. A Lei de Cohesión e Calidade do Sistema Nacional de Saúde destaca, por exemplo, que “a prestación de servizos aos usuarios de toda España levará a cabo en condicións de igualdade efectiva e calidade”. Isto non será así, xa que aínda que respectando o número de principios activos que gozan de financiamento no medicamento público, agora mesmo os pacientes galegos teñen acceso a menos medicamentos subvencionados que o resto de pacientes españois.
Esta mesma norma determina que é ao Ministerio de Sanidade ao que lle corresponde “o exercicio das competencias do Estado en materia de decisión sobre financiamento público de medicamentos e fixación do prezo correspondente”, e non ás autonomías.
Igualmente, a Lei 29/2006, que regula as garantías e o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, recoñece no seu artigo 88 “o dereito que teñen todos os cidadáns a obter medicamentos en condicións de igualdade en todo o Sistema Nacional de Saúde”, iso si, sen prexuízo das medidas tendentes a racionalizar a prescrición que poidan levar a cabo nas distintas comunidades. Co catálogo, incluso un cidadán de fóra de Galicia deberá adaptar as súas receitas á nova lista de fármacos.
A lei de garantías tamén establece que debe ser a carteira de Sanidade a que decida sobre “a inclusión ou non de produtos farmacéuticos na prestación de medicamentos que garante o Sistema Nacional de Saúde”. Segundo esta lei, é o Goberno quen ten potestade para revisar “periodicamente a relación de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica”, e non a Xunta de Galicia, que decidiu primar os xenéricos de valor máis baixo na súa listaxe.
Do mesmo xeito, no Real Decreto 1030/2006    end_of_the_skype_highlighting recóllese que a carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde establece que as comunidades autónomas, no ámbito das súas competencias, poderán aprobar as súas respectivas ofertas sanitarias, que terán que incluír “cando menos” a carteira de servizos comúns ao Sistema Nacional de Saúde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario